Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 224 - 17/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

O reitor cometeu un erro e traeralle consecuencias
O sr. Reitor non mediu ben o custo do recorte da acción social. Pensou, seguramente que a domesticación do PAS era un feito e que, ou ben non habería resposta ou esta sería tan de baixa intensidade que o descontento non se chegaría a oír sequera máis aló dos despachos ou das mesas de traballo.
Eses que teñen liña directa con el seguro que llo aseguraron tamén llo confirmaron, de feito nas reunións da Mesa de Negociación houbo quen era partidario/a de negociar aínda que non se asinase o acordo por evidentes circunstancias (ninguén se quere ensuciar as mans). O reitor ten unha conta pendente co PAS que máis cedo que tarde se traducirá en votos. Na loita electoral o sr. reitor teno claro, interesa o voto do PDI e se a alguén toca favorecer é a ese colectivo. Insisto, hoxe no PAS Armesto está absolutamente desprestixiado e o colectivo non confía nin nas súas promesas nin no seu estilo de goberno, esta apreciación abarca non só á cabeza do goberno, tamén aos que compoñen o equipo de goberno, cómplices do que está a suceder.

 

Armesto=Rajoy=Feijoo
Se vos fixades ben no comunicado do xerente as argumentacións empregadas para xustifica o copagamento son idénticas ás empregadas por Rajoy e Feijoo cando implantan medidas similares. Os recortes, neste caso na acción social, sempre son obrigados para defender un ben maior, na paranoia do goberno central e autonómico chegaron a xustificar o recorte en sanidade para “preservar a sanidade pública” ese mesmo mantra repetírono até a saciedade en todos os recortes que ían realizando. O xerente, e por extensión Armesto, utiliza intenta convencernos que non pode facer outra cousa, que se fai obrigado polos recortes de Feijoo (o PP atribúello á herdanza do PSOE) e para preservar os postos de traballo. Armesto e o xerente demostran con ese comunicado o covardes, hipócritas e a aquiescencia cos ditames neoliberais do PP. Se contra o PP, por medidas semellantes, organizamos caceroladas, mobilizacións e até folgas xerais, este señor, Armesto, non merece outra cousa.

Moi cabreada
Estou moi cabreada, boto fume polas orellas, se o recorte na acción social me pon de unllas, que o xerente nos diga agora que hai que facerlle fronte ao copago ou que o desconto na acción social alternativa se vai descontar dun xeito retroactivo ponme de mala hostia, se tivese diante a ese c…, diríalle catro, ou cinco, cousas. Espero que si se confirma esta medida se nos convoque de novo a outra acción, como mínimo da mesma intensidade que a realizada durante a aprobación do orzamento e esta vez entremos dentro do seu despacho ou da sala do Consello de Goberno par dicirlle directamente á cara o que pensamos deles e delas que tamén son culpables.

Corruptela na UDC
Debería facerse, tamén na universidade, unha sondaxe para determinar o índice de popularidade de Armesto e o seu equipo, seguro que si se fixese pensarían máis dunha vez as accións que levan a termo. No caso da acción social pasáronse máis de tres pobos. Fago miña a argumentación lida no PASquín e que tamén se lle sinalou nas Mesas de Negociación. Nun orzamento de tantos millóns non apareceran uns cen mil euros que nos liberen do copago?. Como é posible que se sigan pagando xubilacións ao PDI que son ilegais?. Sei por vía directa que ao equipo reitoral tiveron que ameazalo cos tribunais para que deixaran de pagar novas xubilacións pero insisten en seguir abonando as xa iniciadas a pesares, insisto, da súa ilegalidade. Eles teñen claro a quen beneficiar, temos nós claro que nos temos que opoñer a esta esta corruptela?

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript