Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 223 - 10/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A estreitez de miras e a prepotencia ábrense paso nos Servizos Informáticos

Nos Servizos Informáticos, un deses servizos onde un delegado político do reitor exerce de director, a profesionalización da xestión prometida por Barja e polo actual reitor non interesou levala á práctica, desatouse a febre pola implantación do VDI (escritorios virtuais), non se sabe moi ben se porque non sentou ben que nas reunións sobre o recorte da acción social se sinalase, o cambio a este novo sistema, como un importantísimo gasto non axeitado a tempos de recortes, ou porque a Universidade quere ser pioneira na súa implantación.

 

  • Noticias relacionadas

 

Parece, tamén, que como as cousas non van á velocidade desexada preténdese “controlar” a actividade que se realiza no servizo (non vaia ser que se boicotee a implantación?. Ou, @s traballador@s son unh@s vag@s?). O certo é que, a parte de instar a prioridade a todas as labores relacionadas coa implantación da nova “solución” informática, requírese que todas as tarefas relacionadas coa atención @s usuari@s se realicen a través da ferramenta adquirida no seu momento para a atención das incidencias, xustifícase esta circunstancia no tratamento estatístico da información.
 
Transfórmase, deste xeito, unha ferramenta pensada para mellor atender as incidencias informáticas do persoal da Universidade nunha ferramenta de control da actividade do servizo, neste caso esencialmente do CAU (Centro de Atención ao Usuario). Para axilizar, precisamente, a atención das incidencias informáticas, moitas das veces saltábase ese procedemento chegando, en moitos dos casos (sábeno ben na Reitoría) cunha chamada telefónica ao traballador/a de turno para que o problema se trate de solucionar.
 
Imponse a burocratización e o control na realización das tarefas do PAS, o obxectivo de rapidez e eficacia queda en segundo plano, o importante pasa a ser a estatística e, sinaladamente, o control.
 
Se isto se leva a termo que a Comunidade Universitaria saiba que @s traballador@s dos Servizos Informáticos non é que non queiran atender o seu problema é que estan a cumprimentar a incidencia para, posteriormente, dar a solución que proceda. A outra alternativa é que chamedes ao 2222, o que fará imprescindible unha ampliación de persoal. Así o reclamaremos.
 
Como non lle atopamos unha razón que xustifique a implantación desta medida, cando se constitúa o novo Comité de Empresa solicitaremos unha reunión conxunta coa Xunta de Persoal para tratar este tema.
 
Xunto con esta manobra de control prodúcese a mobilidade dun traballador que pasa do CAU (Centro de Atención a Usuarios) a Sistemas, isto era algo que xa previamos  ía implícito na RPT que rexeitamos. Por motivos coma este reclamabamos que se contemplase directamente na RPT a Organización dos Servizos Informáticos. Como sabedes a raíz do medo difundido entre o colectivo polo resto de sindicatos o colectivo de PAS laboral aprobou a RPT presentada pola Xerencia e que agora serve para que as traballadoras e traballadores poidamos ser “movidos” a vontade pola empresa. Son, polo tanto, co responsables da situación.
 
Por outra parte, estamos segur@s que este movemento que é obrigado, cando menos, comunicar á representación d@s traballador@s non se realizou, mostrando, unha vez máis a prepotencia coa que actúa a Xerencia.
 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript