Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 223 - 10/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O Supremo limita o uso de desempregados na Administración para traballos eventuais

A Sala do Social do Tribunal Supremo ditou unha sentenza na que limita o uso forzoso de parados na Administración á consecución de traballos puntuais e nunca para o desempeño de labores habituais.

 

  • Noticias relacionadas

 

A sentenza desestima o recurso de casación para unificación de doutrina interposto pola Consellaría de Emprego e Industria e Comercio do Goberno de Canarias, contra unha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza desta comunidade autónoma a instancia dunha traballadora da devandita administración.
 
Na sentenza orixinal, que agora ratifica o Supremo, considérase improcedente o despedimento desta traballadora, ao entender que desenvolvera tarefas de auxiliar administrativo, habituais na devandita administración --atención e información ao consumidor, arquivo, realización e envío de escritos, etc. --, pero cun contrato de colaboración social dende 2006, desempeñándoas con equivalente ao do resto do persoal laboral da comunidade de canarias e co mesmo horario. Ademais, a demandante substituíra outros compañeiros en períodos de vacacións ou en período de baixa.
 
O alto tribunal recoñece deste xeito que os traballos habituais e permanentes da Administración Pública non poden ter carácter temporal e en consecuencia non poden cubrirse coa modalidade contractual de colaboración social.
 
Axencias

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript