Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 223 - 10/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

As Marchas da Dignidade en marcha

O pasado domingo, dous de marzo, realizouse nos locais da Asociación de Veciños Os Anxos, un acto público de presentación das Marchas da Dignidade que contou coa participación de María Seijo, Delegada Sindical da Sanidade, Helena Gómez, presidenta da Federación Provincial de ANPAS de A Coruña, Xosé Portela en representación da CUT, Mónica Camaño actriz, Hector Tejón activista social e contou, tamén, coa presenza do secretario xeral do SAT, Diego Cañamero.

 

  • Noticias relacionadas

 

O 22 de Marzo, imos confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.
 

 


 
Tamén máis de 160 persoeiros galegos do mundo da cultura veñen de asinar un manifesto en apoio das Marcha galega da Dignidade. O manifesto defende as Marchas "pola dignidade do pobo traballador e contra o capital que destrúe"
 
No manifesto aseguran que "cómpre pórse en marcha pola dignidade". "Pola dignidade do pobo traballador e contra o capital, contra o capital que destrúe. Que nos destrúe as conquistas centenarias e gañadas a ferro e sangue", di o texto, no que se alude á destrución da sanidade, a educación, os servizos sociais, a vivenda ou a cultura e na que se reivindica esta última como "a arma" e "o pensamento" como "o noso capital". "O noso capital é marchar. É ir de fronte contra os poderes políticos, económicos, visibles e invisibles, que o queren comer todo. Voraces, eles. Eles son a reforma laboral, a corrupción, os desafiuzamentos e mailo paro. No paro había que pór o FMI, a UE, o BCE e todas as iglas e acrósticos da desigualdade e da inxustiza", din.
 
"Nós somos o pobo e a maioría. Nós somos a columna galega en marcha e loita, o único camiño. Camiño e cultura, si. A arma, o pensamento, o noso capital. O noso capital é marchar", remata un manifesto asinado, entre outros, polos escritores Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz, Álvarez Cáccamo, Darío Xohán Cabana, Xabier P. Docampo, Xabier Cordal, Rexina R. Vega, Antón Dobao, Lucía Aldao ou Anxo Angueira. Entre os firmantes, tamén xornalitas, actores e actrices, músicos ou artistas (Ver tod@s @s asinantes).

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript