Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 223 - 10/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Lei de Garantías Sanitarias, unha nova medida privatizadora da sanidade pública

Diante a a entrada en Vigor, o día 1 de marzo, da Lei de Garantias Sanitarias a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:

 

  • Noticias relacionadas

 

1.- Esta Lei só pretende trasladar as intervencións quirúrxicas de miles de galegos á sanidade privada, ao permitir que quen estea máis de seis meses en listas de espera poida acudir a un centro privado (ou aínda a outro hospital de Galicia). Nestes momentos hai máis de 75.000 persoas que superan este tempo de espera, e debido aos recortes de actividade e de persoal sanitario as listas seguen aumentando.
 
2.- Esta medida descapitalizara aínda máis a sanidade pública xa que trasladase unha enorme cantidade de recursos económicos aos centros privados para pagar estas intervencións, o que xunto aos recortes orzamentarios e os novos canons a pagar ás multinacionais privadas polos servizos externalizados abocan ao sistema a créba económica.
 
3.- Outra consecuencia negativa será o aumento das desigualdades dado que os gastos de trasladarse a outras áreas para ser intervidos son elevados para os pacientes e os familiares que os acompañan e coidan. Máis do 60% da poboación asalariada gaña menos de 1.000 euros mensuais e a pensión media en Galicia é inferior a 800 euros, o que fará imposible que miles de galegos poidan elixir estes traslados (o mesmo que acudir a calquera centro privado para operarse, pagar pola intervención e logo esixir o reembolso ao SERGAS como contempla tamén esta Lei).
 
4.- O resto das medidas da Lei constitúen un refrito de dereitos xa existes, que incuso recórtanse como o dereito a unha segunda opinión.
 
Desde as nosas Asociación facemos un novo chamamento aos cidadáns para que rexeiten activamente esta medida privatizadora da sanidade e aos grupos políticos da oposición para que se comprometan a retirala cando o PP sexa derrotado nas urnas.
 
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript