Nos Servizos Informáticos, un deses servizos onde un delegado político do reitor exerce de director, a profesionalización da xestión prometida por Barja e polo actual reitor non interesou levala á práctica, desatouse a febre pola implantación do VDI (escritorios virtuais), non se sabe moi ben se porque non sentou ben que nas reunións sobre o recorte da acción social se sinalase, o cambio a este novo sistema, como un importantísimo gasto non axeitado a tempos de recortes, ou porque a Universidade quere ser pioneira na súa implantación.
Escrito tipo para que @s traballador@s recentemente funcionarizad@s soliciten á Xerencia o mantemento do seguro médico fundamentándose no establecido no Acordo de funcionarización do persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña.
O pasado domingo, dous de marzo, realizouse nos locais da Asociación de Veciños Os Anxos, un acto público de presentación das Marchas da Dignidade que contou coa participación de María Seijo, Delegada Sindical da Sanidade, Helena Gómez, presidenta da Federación Provincial de ANPAS de A Coruña, Xosé Portela en representación da CUT, Mónica Camaño actriz, Hector Tejón activista social e contou, tamén, coa presenza do secretario xeral do SAT, Diego Cañamero.
Queres vir connosco ás Marchas da Dignidade a Madrid a erguer a túa voz contra a usurpación dos nosos dereitos e aínda non sabes como?
Os sucesos de Ceuta e as "devolucións en quente" violan a normativa española, europea e internacional. Medio centenar de entidades, entre as que se atopa o Foro Galego de Inmigración envían Informe á Comisión Europea e ao Consello de Europa.
Un total de 19 persoas foron detidas -nove mulleres e dez homes- por interromper este martes no informativo de Televisión Española en Estremadura, cando se emitía en directo dende Mérida (Badaxoz), cando intentaban reclamar cuestións relacionadas coa Renda Básica.
Unhas cen persoas reunímonos na Mariña coruñesa para protestar contra a construción dunha nova obra faraónica que, por un lado minguará aínda máis as arcas do concello e, por outro, centra coma sempre as “melloras” no centro da cidade esquecendo as necesidades dos barrios. Pensamos, tamén, que nos tempos que corren a cidade non pode permitirse o luxo de gastar arredor de 50 millóns de euros nunhas obras innecesarias e que axudarán ao enriquecemento dos de sempre impedindo que eses cartos se utilicen en atender as necesidades reais da cidadanía.
Non todo son penas para Gerardo Díaz Ferrán na súa cela de Soto del Real. O que foi presidente da patronal española tamén ten os seus momentos de alegría. Por exemplo, cada vez que le o BOE despois de que o Consello de Ministros aprobe algunha medida relacionada co mercado laboral.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript