Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 223 - 10/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Non existe o empresariado como tal
España dende que non "vai ben" cambiou radicalmente o contrato social, as relacións, consecuencias claras disto, os de abaixo perdemos toda posibilidade ou capacidade de compra, non pasa nada, pero eles os empresarios os ricos o contrapeso, perden toda capacidade de venda, e amigo!! Cando iso acontece vén unha cousa que se chama fondo voitre, e punto, non hai que darlle máis voltas, do que chaman exportacións, hai que mais!!! Falamos outro día, porque todo o que crece a exportación, baixa o triplo o consumo propio, co queeeeee, eu persoalmente son moi pesimista de feito comprobade sector por sector, empeza polo teu, isto desistiu de arranxalo ata a virxe do Rocío!!

 

Gerardo Díaz Ferrán
Como os bos mafiosos de película, segue dirixindo o cotarro da reforma laboral que quere o FMI e Rajoy dende o cárcere. Seguro e fachendoso cos labios xuntos e curvados cara a abaixo, e o último botón da camisa do colo de pico posto, imaxínomo comendo un gran prato de espaguetis á napolitana e co pano da mesa atado ao colo dicindo Capisci! ao seu avogado. Logo pola tarde ira a rezar á capela do cárcere. Ao anaco mentres recibe a ostia do cura recibe no seu móbil a mensaxe que esperaba. "Gerardo, nada é doado, pero facemos o que podemos. Ánimo" e Ferran contéstalle "Mariano, pero para cando o meu indulto" e Rajoy contéstalle "Gerardo. Enténdoo. Se forte. Mañá chamareite. Un abrazo".

Os sindicatos tamén son culpables
Da reforma laboral e da sucesiva precarización das relacións laborais non só ten a culpa o goberno e a CEOE. Tamén os sindicatos teñen a súa,entre uns e outros son capaces de enganar aos traballadores,con milongas,e todo iso vénlle que nin de perlas aos distintos Gobernos,ousexa que entre eles o guisan e os pagáns sempre os traballadores.Os traballadores non estamos exentos de culpas,por pasivos,por non nos atrever a pensar pola nosa conta e a actuar por nós mesmos,mandando aos burócratas sindicais ao traballo,a única forma de que se decaten por onde pasan as miserias obreiras.

Dúas consideracións sobre a tarifa plana de cotización empresarial
A primeira é que, neste asunto, non podemos botarlle en cara ao S. Rajoy incumprimento algún, xa que o incluía no programa electoral (disfrazado de facilitar a contratación por parte dos empresarios).
E a segunda, e aínda máis importante, é que -ao meu modo de ver- o obxectivo último desta rebaixa non é tanto facer un regalo aos empresarios (cousa que nunca lles vén mal) senón e sobre todo (e atendendo aos graznidos de dona Cristina Lagarta e o mundo neoliberal) descapitalizar a Seguridade Social para que se poida cumprir a "profecía" tanto tempo anhelada de que "resulta insostible.
Se non vemos iso, é que estamos cegos, padecemos miopía profunda, ou somos uns incautos (necios, máis ben).
Porque mesmo os que contemplan o mundo a través dos lentes da ideoloxía (neoliberal) saben moi ben as consecuencias desta decisión.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript