Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 223 - 10/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  RENDA BÁSICA
 

Activistas pola Renda Básica interrompen en directo o Informativo de TVE en Extremadura

Un total de 19 persoas foron detidas -nove mulleres e dez homes- por interromper este martes no informativo de Televisión Española en Estremadura, cando se emitía en directo dende Mérida (Badaxoz), cando intentaban reclamar cuestións relacionadas coa Renda Básica.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno en Estremadura, as 19 persoas foron detidas por "coaccións, desordes públicas e aplanamento de domicilio de persoa xurídica".
 
Renda básica
Varios membros do Campamento Dignidade entraron no estudio de TVE cando se estaba a emitir este martes en directo o informativo, dende o Centro Territorial de Mérida, e despregaron unha pancarta na que se podía ler 'En Extremadura, Renda Básica,'.
 
O informativo de TVE interrompeuse nese momento, tras o cal na pantalla apareceu o rótulo 'Interrompido o informativo por causas alleas a TVE'.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript