Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 222 - 03/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O Valedor do Pobo admite a trámite unha queixa da Xunta de Persoal do Servizos Centrais da Xunta de Galiza

A Xunta de Persoal do Servizos Centrais da Xunta de Galiza emitiu unha nota de prensa na que sinala que o Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa presentada polo órgano de representación diante da falta de resposta ás reiteradas solicitudes de reunión, información ou proposta de mellora realizadas diante de distintos departamentos.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Xunta de Persoal ten case 70 escritos sen resposta que abranguen desde peticións de información, solicitudes de xuntanza…, dirixidos a varios departamentos e todos sen que tivesen resposta. A Xunta de Persoal trasladou copia dos escritos en resposta ao Valedor do Pobo que agora inicia o procedemento sendo agora este organismo o que solicita a información pertinente á Xunta de Galicia reclamando do Goberno a razón da falta de resposta.
 
A Xunta de Persoal acumula perto de 70 escritos sen resposta remitidos a diferentes departamentos da Xunta de Galicia entre maio de 2011 e xuño de 2013. Neses escritos solicitábase información ou simplemente que se recibise a esta representación dos traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia. Unha copia deses escritos sen resposta foron trasladados ao Valedor do Pobo acompañados dunha queixa denunciando o silencio por parte do Goberno Autonómico.
 
Na nota de prensa indícase que “Dende esta Xunta de Persoal congratulámonos publicamente polo feito de que o Valedor do Pobo admitira a trámite a queixa.”

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript