Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 222 - 03/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  NAVAL FERROL
 

Navantia. Novo calendario de mobilizacións

A asemblea de traballador@s de navantia Ferrol, aprobou na mañá do día 26 o novo calendario de mobilizacións, que para que saibades tod@s e poidades apoialas se queredes, é o seguinte.

 

  • Noticias relacionadas

 

O mesmo día 26 para recordatorio da clase política ferrolá ao remate da asemblea, fixéronse pintadas na Praza de Armas coas reivindicacións do naval ferrolterrrán.
 
CARGA DE TRABALLO
DIQUE SI
VETOS NON
 
O día 27 de Febreiro, participación na manifestación convocada pola Alianza Social Galega, en contra das medidas antisociais levadas a cabo por este goberno. POR OUTRA SAÍDA DA CRISE
 
O martes día 4 coincidindo co Entroido en Ferrol, manifa detrás das comparsas empregando tódolos elementos propios das datas, carretas, disfraces, elementos sonoros, etc..
 
O día 12 de marzo, peche na factoría e saída sobre as 4 da tarde para dirixírmonos ao concello de Fene en compañía d@s compañeir@s de Fene, que nos esperaran nas Pías.

O día 27 de marzo, saída en manifestación pola mañá ate a administración de facenda para comunicarlle o SR Montoro responsable deste departamento que non caeremos en manobras de distracción nin de falsas promesas.
 
CARGA DE TRABALLO
DIQUE SI
VETO NON

 
Susete Ferrol

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript