Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 222 - 03/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  NON ÁS OBRAS DA MARIÑA
 

Día 6 de marzo ás 8 da tarde concentración para paralizar as obras da Mariña

Na cidade da Coruña seguen a ter prioridade as obras faraónicas, a pesar de estar nun momento de crise en tódolos ámbitos e unha necesidade urxente de investimentos en emerxencias sociais (1200 familias traballadoras teñen que recorrer a Cruz Vermella para que os seus fillos teñan material escolar e mais de 20.000 parados).

 

  • Noticias relacionadas

 

Neste contexto o concello no exercicio do 2014 considerou destinar, segundo os presupostos do concello, mais de 15 millóns de € , o orzamento do concello e de 250 millóns de € e o orzamento total das obras que están a realizar COPASA e CIVIS GLOBAL é de 50 millóns de €, dos que 18.500.000 € xa están asignados, ademais, existe a posibilidade de abrir dúas fases mais de 15 millóns de € cada fase, que elevarían o custe total a máis de 80 millóns de €, o concello destinou a "Inversión en barrios" un orzamento de 105 millóns de €, nas obras da Mariña esta destinado o 90% do orzamento, e o resto dos barrios quedan co 10% restante?.
 
Estamos a falar dun importe que supera o terzo do orzamento total do concello, concello que xa ten merda abonda (Pokemon) para andar enterrando diñeiro público en obras de semellante calibre.
 
Fai pouco publicouse nun xornal as diferentes posturas de arquitectos da cidade, algunhas moi peculiares e outras que levaban mais razón e estaban mais achegadas á realidade da cidade, pero esqueceron coñecer a postura que ten o sentido común neste caso, por que si consultamos o sentido común, sacamos estas conclusións:
 

  • Trátase dun importe desmesurado.
  • O concello fala de que o obxetivo da obra e reducir o trafico, xa que un túnel de catro carrís, aparcadoiro e un centro comercial mais ben o incrementan.
  • Outros barrios da cidade padecen de carencias moito mais graves e urxentes que a obra da Mariña.
  • A empresa contratada e coñecida o estar vinculada de algunha forma coa corrupción, por exemplo na trama Gurtel, COPASA, a cal se lle denominou "constructora do PP" e a que tamén levou o "remate" das obras da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
  • Existen alternativas e opcións sostibles para limitar o trafico nesa zona da cidade.
  • No caso de abrir outro centro comercial, tendo aínda moi quente o peche de Dolce Vita.

 

O cidadán coruñés está acostumado a ver obras faraónicas na cidade (tranvía, ascensor monte de San Pedro, obelisco Millenium, escaleiras mecánicas de San Agustín, etc...) moitas delas decepcionantes, o mais lóxico nos tempos que estamos a vivir e poñerlle freo a esta barbarie urbanística e económica. En Burgos, despois da cancelacion da obra do barrio de Gamonal o alcalde de Burgos dixo: "Es una oportunidad perdida para el barrio", afortunadamente tamén foi unha oportunidade perdida para os corruptos.
 
Recalcar que o vindeiro 6 de Marzo as 20:00 a Plataforma "NON AS OBRAS DA MARIÑA" convocou unha concentración no lugar onde se están a realizar as obras.
 
Manifesto

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript