Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 222 - 03/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  22 DE MARZO. MARCHAS DA DIGNIDADE
 

Máis de dúas mil persoas maniféstanse en apoio ás Marchas

No serán do 26 de febreiro, máis de dúas mil persoas persoas manifestáronse polas rúas e prazas das principais cidades galegas reclamando o seu dereito a un futuro digno e manifestando o seu rexeitamento ás políticas regresivas do estado español e da Unión Europea.

 

  • Noticias relacionadas

 

As organizacións convocantes da Manifestación de onte consideran atinxidos os obxectivos marcados para esta xornada: dar a coñecer na rúa a convocatoria das Marchas da Dignidade planificda para o 22 de marzo, así como os seus obxectivos, descritos xa no seu Manifesto, desde a conciencia de que o único xeito de frear as políticas antiobreiras e regresivas no social do goberno español e da Troika será mediante a mobilización masiva da clase obreira na rúa.
 
Na Coruña, ao paso da manifestación inauguramos a Rúa da Desobediencia en conmemoración da loita cidadá en contra do desafiuzamento de Aurelia Rey.
 

 
Nesta ligazón pódese acceder a unha galería de imaxes da Manifestación de Ferrol.
 
Nesta ligazón pódese acceder a unha galería de imaxes da Manifestación de Vigo.
 
Nestoutra ligazón pódese acceder ás imaxes da Manifesación en Compostela.
 
Aquí pódese acceder ás imaxes da Manifestación de Pontevedra.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript