Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 222 - 03/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Eleccións de Comité de Empresa PAS laboral. A consolidación dunha forza sindical diferente

Presentámonos ás eleccións sindicais de 2008 despois dun intento de funcionarización rexeitado de xeito unánime polo colectivo. Concorría, naquel momento, un enorme descontento do colectivo de persoal interino contra unhas forzas sindicais que os/as marxinaran á hora de tomar unha decisión que os/as afectaba directamente e de xeito moi importante, impedíndolles votar no referendo convocado.

 

  • Noticias relacionadas

 

Alguén puido pensar que, dadas aquelas circunstancias, a nosa presenza como forza sindical na universidade era unicamente conxuntural e que, co paso do tempo, as augas retornarían á súa canle, recuperando o seu espazo o sindicalismo “tradicional”.
 
Algo debemos facer ben porque as eleccións a Comité de Empresa recentemente realizadas fortalecen a nosa presenza no colectivo e reforzan o noso discurso e acción sindical.
 
No último comunicado que emitimos como peche de campaña electoral e só enviado ás compañeiras e compañeiros que pertencen ao colectivo de PAS laboral, entre outras cousas, indicabamos:
 
“Asemblearismo, transparencia, compromiso e loita polos intereses de todo o colectivo son as referencias que guiaron a acción do noso sindicato na súa presenza no anterior Comité de Empresa.
 
Apostamos polos mesmos principios e pola mesma fórmula de traballo para esta nova etapa no Comité de Empresa que sairá das eleccións do día 27 de febreiro.”

 
A confianza no noso sindicato traduciuse, á hora de votar, nun apoio maioritario das traballadoras e traballadores, ás nosas candidaturas
 

COLEXIOS

CENSO

VOTOS

PARTICI

PACIÓN

Nulos

Branco

VOTOS CIG

VOTOS UGT

VOTOS CUT

Técnicos e Administrativos

58

37

63,79%

1

1

10 (28,57% dos votos computables)

3 (8,57% dos votos computables)

22 (62,85% dos votos computables)

Nº de representantes

1

0

2

Especialistas e Non cualificados

31

26

83,87%

1

1

5 (21,79% dos votos computables)

1 Non alcanza o 5% necesario para se computar

18(78,26% dos votos computables)

Nº de representantes

0

0

2

 

O escrutinio realizado outórganos unha maioría absoluta máis elevada que a que tiñamos no anterior Comité de Empresa.
 
Os novos representantes da CUT no Comité de Empresa son:

 
  • José Manuel Suárez Sánchez Especialista de Oficios, Edificio da Gradería, quenda de mañá. Ext. 1923
  • José Manuel González Hombre Especialista de Oficios, Edificio da Gradería, quenda de mañá. Ext. 1923
  • José Antonio Bouzas Gómez Técnico en Prevención de Riscos Laborais, Reitoría, quenda de mañá. Ext. 1044
  • Xosé Manuel Portela Fernández Técnico especialista en Informática (CAU) Reitoría, quenda de mañá. Ext. 1019.
 
Nestes días de campaña recollemos as preocupacións e as indicacións das accións a realizar polo novo Comité. En Ferrol, por exemplo, constatamos o sentimento de abandono dos traballadores e traballadoras e a sensación de que só se procede á ritual visita cando hai eleccións. Reverteremos esta situación e acometeremos as accións comprometidas durante o proceso electoral.
 
Aínda que o Comité de Empresa non se pode constituír oficialmente nun prazo aproximado de 15 días (ábrese agora un prazo para posibles reclamacións ao proceso electoral), dada a inexistencia de representación colectiva acometemos, na práctica, as labores derivadas da responsabilidade adquirida. Se tedes algún problema poñédevos en contacto connosco.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript