Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 222 - 03/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

En marcha as eleccións para ampliar a Xunta de Persoal Funcionario

A incorporación das traballadoras e traballadores procedentes do colectivo de PAS laboral recentemente funcionarizado posibilita a ampliación do órgano de representación. A UGT presentou a convocatoria de eleccións parciais para a ampliación da Xunta de Persoal.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Xerente convocou a todas as forzas sindicais e agrupación de traballadoras/es con representación na universidade a unha reunión o pasado día 26 para proceder á preparación das eleccións.
 
Segundo o tratado na dita reunión o proceso comezaría o día 12 de marzo coa constitución das Mesas Electorais e, segundo o previsto, rematará o día 10 de abril, día de votación.
 
Acordouse establecer mesas electorais en:
 
Reitoría onde votarán os traballadores e traballadoras dos centros e servizos situados en Riazor e na Reitoría.
Elviña onde votarán os traballadores e traballadoras dos Campus de Elviña, Zapateira, Oza e os/as dos centros situados no Concello de Oleiros.
Ferrol (Vicerreitoría) onde votarán as traballadoras e traballadores do Campus de Ferrol.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript