Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 222 - 03/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

O sindicalismo de clase, reivindicativo e asembleario medra
O inmobilismo dos vellos sindicatos, ancorados en pasados modelos cunha estrutura onde a militancia e os traballadores teñen pouca importancia en comparación coa “estrutura” sindical ten os días contados. Os traballadores e traballadoras aprecian valores que eses sindicatos xa non poden proporcionar.  O sindicalismo que só depende das cotizacións dos seus militantes sen, polo tanto, ningunha dependencia nin da Administración, nin dos cretos bancarios… ábrese paso.

 

Debate parlamentario
O sr. Rajoy está no seu dereito de tomarnos por parvos e 'vendernos a súa moto sen guiadora'. Pero somos NÓS, os cidadáns decentes, os que temos QUE ESPERTAR e deixar de tragarnos os seus contos chineses, delirios e medias verdades (e os doutras 'figuras' como el). A 1ª vez que alguén nos engana adoita ser pola súa culpa, pero as seguintes veces xa é sempre culpa nosa.
Se o pobo 'ejpañistaní' -por moi manipulado que estea polos medios de comunicación en mans da oligarquía económica- volve 'picar' o cebo destes impresentables, xa non caberá dúbida de que temos o que merecemos".

Retornamos ao nacional-catolicismo.
Maquillan as cifras en estatística, informan torticeramente de calquera dato, mófanse dos cidadáns e, tal como aprenderon do franquismo, a escuridade é o seu lema. Considérannos analfabetos, cretinos e todo o que vos queirades supoñer. E, non esquezades a nova Lei de Administracións Públicas, é un tesouro para os amiguetes destes porcos.

Os medios de comunicación
O goberno exerce un control férreo dos medios de comunicación, que na súa maioría son máis ben "medios de desinformación e persuasión". A guinda deste proceso foi o escuro relevo dos directores dos tres diarios de maior difusión do estado (El País, El Mundo e La Vanguardia), garantindo así a repetición teimuda da mensaxe triunfalista do "novo réxime" e levando á práctica con absoluta eficacia o lema de Goebbels: "Repite unha mentira mil veces ata que pareza verdade".
Non todo está perdido, os que non nos deixamos intoxicar non somos tan poucos, así que teremos que combater co boca a boca e nas redes sociais.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript