Marzo de 2014
 
 

NÚMERO 222 - 03/03/2014

   CUTUDC / Novidades

  EDUCACIÓN PÚBLICA
 

Os docentes interinos andaluces encérranse na Consellaría de Educación

Na mañá deste 27 de febreiro de 2014, unha representación das diferentes asembleas provinciais de IDA (Interinos Docentes Andaluces), acompañada de membros de distintos movementos sociais e sindicatos, encerráronse na mesma Consellaría de Educación, ao obxecto de recordar a dona Susana Díaz e a don Luciano Alonso, Presidenta da Xunta de Andalucía e Conselleiro de Educación, respectivamente, que neste 'Día da Comunidade Educativa '' ' seguen estando suprimidas as 4.502 prazas docentes que, voluntariamente, eliminaron en BOJA, a pesar da oposición de axentes sociais, sindicatos e grande parte da comunidade educativa.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Como xa vimos repetindo dende decembro de 2012, a execución do maior 'ERE' ' de toda a historia da nosa Democracia non soamente supuxo a violación, por parte da Xunta, do dereito ao traballo de miles de profesores e profesoras: tamén empeorou os servizos e a atención que os nosos alumnos merecen (elimináronse desdobres, masificáronse as aulas, aténdese peor á diversidade, etc, etc, etc), e saturou de horas o profesorado activo. Desa guisa, minguouse aínda máis a saúde dun dos sistemas educativos peor valorados en todos os informes educativos internacionais. Porque a Xunta preferiu pregarse á políticas de recortes implementados por Wert -o peor ministro de educación de toda a nosa historia-, antes que priorizar o gasto, destinando a contratacións o inmenso presuposto de proxectos propios como o inxusto e parcialmente ilegalizado 'Programa de Calidade '' '.
 
Por todo iso, e porque don Luciano Alonso pechou a IDA todas as liñas de diálogo que deixase abertas dona Mar Moreno, esquecendo, ademais, os compromisos verbais alcanzados por nós e a anterior conselleira, 'Mahoma vai á montaña' ' para que os seus moradores recorden, na véspera do Día de Andalucía, que a educación andaluza agoniza, e que a cura non se encontra alén de Despeñaperros, senón dentro das paredes deste edificio no que hoxe nos encerramos. Nese sentido, queremos deixar constancia de que a nosa principal demanda de cara á recuperación das 4.502 prazas secuestradas, é a eliminación absoluta e inmediata do inmoral 'Programa de Calidade '' ' con cuxo importe, ben podería devolverse a auga á súa canle. Pero, de momento, dende a Consellaría nin se están a cubrir debidamente as substitucións curtas que se foron producindo ao longo do ano. Así nos vai.
 
Quixeramos, para rematar, deixar ben claro que este colectivo promete abandonar mañá mesmo, de xeito civilizado e pacífico, as instalacións nas que hoxe se encontra. O noso desexo máis sincero é que o día 28, día grande desta terra, os nosos gobernantes tomen nota das nosas reivindicacións para poñerse a traballar, sobre todo, polo futuro dos nosos fillos e fillas, que son os principais prexudicados polas políticas que criticamos. Entendemos que no diálogo e o entendemento está a base mesma da Democracia, polo que esperamos poder volver cruzar as portas da Consellaría, en condicións ben distintas ás actuais. De non suceder isto, seguiremos manifestándonos co espírito construtivo que sempre caracterizou a este colectivo.

 
COMUNICADO DOS DOCENTES PECHADOS 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript