Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 221 - 24/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

As xubilacións parciais que non gozaremos

Como informamos no seu día, o goberno endureceu a normativa para o acceso á xubilación anticipada e á xubilación parcial. Non obstante abriu unha opción legal para seguir aplicando a regulamentación vixente antes do 1 de xaneiro de 2013, ás pensións que se causen ata o 1 de xaneiro de 2019, regulamentación que era moito máis beneficiosa.

 

  • Noticias relacionadas

 

Debido á parálise do anterior Comité de Empresa (CCOO, CIG UGT e USO) as traballadoras e traballadores da UDC non poderemos acceder a esa posibilidade. Sen embargo tanto na Xunta como nas outras universidades galegas comezan a gozar deste, para nós, privilexio xa inalcanzable.
 
Sen ir máis lonxe na xuntanza realizada o día 18 de febreiro, entre o Comité Intercentros da Xunta e a Dirección Xeral de Función Pública esta informou que o 15 de xaneiro tramitáronse 35 xubilacións, o 3 de febreiro 14, o 17 de febreiro 23 e o 3 de marzo tramitaranse outras 25.
 
Lástima de Comité!.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript