Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 221 - 24/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Roupa de traballo

Recibimos infinidade de preguntas sobre a roupa de traballo. Pensamos que o procedemento seguiría funcionando do mesmo xeito que en anos anteriores, pero parece que esta circunstancia non se vai a producir. Postos en contacto co servizos correspondentes indicóusenos que a Xerencia paralizou as peticións recibidas para articular un novo procedemento de distribución. Polo que soubemos, tamén, a partida na que se cargaban os gastos da roupa de traballo, non ten dotación económica no orzamento de 2014.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Convenio Colectivo establece no seu Artigo 50 a vestimenta á que se ten dereito segundo as categorías profesionais e engade textualmente:
 
“Os/as traballadores/as deberán presentar a súa solicitude, para a subministración das pezas recollidas neste artigo, no servizo de persoal, preferentemente durante os meses de xaneiro e febreiro de cada ano. As solicitudes de vestiario deben facerse efectivas no prazo máximo dous meses desde á súa concesión, así mesmo non se poderán realizar solicitudes de vestiario que non correspondan ao ano en curso.”
 
Sabemos que hai unha gran cantidade de peticións paralizadas, tanto de persoal xa funcionarizado como de traballadoras e traballadores que non se funcionarizaron. De ser elixidos no novo Comité de Empresa ocuparémonos de que se faga efectivo este dereito, procedendo, de non realizarse a súa distribución no prazo sinalado, á correspondente denuncia en Inspección de Traballo.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript