Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 221 - 24/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Tamén se privatiza a xustiza

O goberno neoliberal, sempre disposto a contentar as castas máis poderosas, non lle chega con incrementar as taxas para limitar o acceso á xustiza das clases populares, tamén lle ofrece en bandexa de prata, neste caso aos rexistradores da propiedade, unha parte suculenta da torta da administración pública, o Rexistro Civil.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Rexistro Civil un servizo público e gratuíto pasa, deste xeito, a ser privado, aplicaráselle dende este momento as leis do mercado onde o criterio de servizo desaparecerá para pasar a ser un negocio. Pagaremos, por calquera movemento que realicemos.
 
As traballadoras e traballadores dos Rexistros Civís de Ferrol e A Coruña convocan para o luns 24 unha asemblea onde decidirán as mobilizacións que realizarán e, ese mesmo día, unha concentración para demostrar o rexeitamento á privatización acordada.
 
As reivindicación das traballadores e traballadoras dos Rexistros Civís son reivindicacións de toda a sociedade. Teñen o noso apoio solidario.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript