Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 221 - 24/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  REFORMA FISCAL
 

A reforma fiscal que prepara o goberno outra patada ás traballadoras e traballadores.

O proxecto de reforma fiscal filtrado esta semana polo goberno do estado suporá a implantación dunha serie de medidas que favorecerán todas elas aos ricos e poderosos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Beneficios para plans de pensións privados:
O goberno de Mariano Rajoy beneficiará aos contribuíntes que se poden permitir o luxo de destinar entre 10.000 e 12.500€ ao ano a un plan de pensións
 
Redución por fillo
Segundo a renda declarada, o fillo dunha familia de rendas altas pode xerar un aforro de arredor de 1.560 euros por cada fillo, mentres que o fillo de familias con rendas medias só aforrará entre 900-600 euros por cada fillo

Deducións de gastos sanitarios e educativos privados

A reforma que prepara o PP supón unha forte minoración dos ingresos públicos ao propoñer que os gastos en sanidade e educación privados minoren o IRPF que pagan os contribuíntes.
 
O desmantelamento do estado de benestar posto en marcha polo PP ten a súa continuidade cunha política fiscal absolutamente regresiva.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript