Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 221 - 24/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS PRIVATIZACIÓNS
 

Día 28, folga no Servizo do 065 en Galicia

As traballadoras e traballadores do 065 reunidos en asemblea o pasado día 15 decidiron, por unanimidade, a convocatoria de folga no servizo para o día 28 de febreiro, esta medida acompañarase de concentracións contra o despedimento de máis de 60 traballadoras/es que, até agora, aseguraban un servizo esencial dirixido ás persoas máis necesitadas.

 

  • Noticias relacionadas

 

O goberno galego demostra, unha vez máis, que o emprego e os servizos públicos impórtanlle ben pouco. Feijoo aproveitou neste caso os resortes que lle proporciona a reforma laboral para acabar con outro servizo público.
 
Non podemos quedar impasibles diante do progresivo desmantelamento dos servizos públicos. Porque o público é de todas e todos non podemos permitir que nolo rouben!

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript