Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 221 - 24/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  A CUT DENUNCIA Á EMPRESA DO TRAZADO DO AVE
 

A CUT denuncia incumprimentos masivos na construción do AVE

A Central Unitaria de Traballadores/as presentou, o día 20, unha denuncia contra a empresa construtora do trazado do AVE ao seu paso por Catoira.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os incumprimentos masivos en cuestión da lexislación laboral vixente en materia de prevención de riscos laborais e mesmo da propia situación contractual dos traballadores provocaron a denuncia da CUT-Ribeira quen sinala como responsable subsidiario destas graves faltas ao Ministerio de Fomento e Adif.
 
Como xa ficou demostrado en moitas outras ocasións, o oportunismo político e utilización mediática destas grandes obras de infraestrutura agocha a terrible realidade do incumprimento das mínimas condicións de seguridade laboral e condicións laborais dos traballadores que son contratados moitas veces en termos de semiescravitude nun sector, o público, que debera ser exemplo de respecto minucioso dos nosos dereitos.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript