Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 221 - 24/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL - VÍDEO
 

Encerro e represión policial na loita contra a privatización da auga

Dende que en Xullo do 2013, o goberno municipal de Alcázar de San Juan en mans do Partido Popular (PP) e Convocatoria por Alcázar (CxA), aprobou no Pleno a proposta de " iniciar o estudo para o cambio na xestión da auga", (proposta que implicaría a privatización do 52% da xestión da auga municipal), os veciños de Alcázar mobilizáronse en contra das medidas do Concello.

 

  • Noticias relacionadas

  • As accións canalizáronse por medio da Plataforma contra a Privatización da Auga que convocou numerosas protestas populares. En Outubro do 2013 chegaron a reunir máis de 3.000 persoas e recolleron 11.000 sinaturas co obxectivo de evitar que a xestión da auga fose privatizada.
     
    Esta asociación, que se autodefine como "aberta e asemblearia", encabezou un encerro no Concello, que aínda dura, e que foi apoiado por 300 veciños. A súa reivindicación inmediata era a convocatoria dunha consulta popular no municipio para que os veciños decidisen abertamente acerca da conveniencia ou non de que a xestión municipal da auga fose privatizada. Pola súa banda o equipo de goberno negouse en todo momento a dialogar cos veciños e respondeu con ameazas directas se non abandonaban o edificio.
     
    Finalmente o alcalde Diego Ortega, (PP) abandonou a idea de desaloxar o Concello pero anunciou que interpoñería denuncias por desacato. Pola súa banda a represión desatouse contra os veciños que se encontraban no exterior do Concello apoiando o encerro. A carga policial saldouse cun detido, (aínda que diversas fontes elevan esta cifra a tres) e varios feridos, entre eles unha moza tivo que ser hospitalizada debido á gravidade das feridas. A brutal agresión levada a cabo por axentes da Policía Nacional non logrou amedrentar aos veciños, que seguiron protestando e apoiando o encerro. Á protesta sumáronse numerosos estudantes dos institutos próximos que acababan de finalizar as súas clases.
     
    Dende La Mancha Obrera seguiremos con detalle o desenvolvemento do conflito e mostramos a nosa solidariedade e apoio á loita dos veciños de Alcázar de San Juan e pedir a liberdade de todos os veciños detidos.
     
    La Mancha Obrera

     

     


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript