Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 221 - 24/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Por un Comité que preserve a existencia do colectivo
Alguén pode pensar que a integración do persoal do Capítulo VI non ten transcendencia ou, incluso, é beneficiosa para o que queda ou vaia quedando do PAS laboral. Nada diso, pensádeo ben, nas circunstancias actuais nas que o reitor recorta, incluso, a acción social, pensades que se podería estender o establecido no Convenio Colectivo ao persoal de proxectos e convenios?. O que está (estaba) programado coa “integración” era todo o contrario, a eliminación dos dereitos adquiridos como PAS laboral para impoñernos o pseudo convenio de Capítulo VI e as súas retribucións. De levarse a efecto esa integración debe ser con todos os dereitos e obrigas dos que hoxe formamos o colectivo de PAS laboral, sinalando, previamente, que parte dese colectivo é susceptible de integrar no PAS e que parte dese colectivo se ten que integrar no PDI.

 

As dúas opcións
Diante do ataque contra clase obreira, o desmantelamento dos servizos públicos, a corrupción institucional… só temos dúas alternativas, a inacción (transixencia) ou a rebeldía (mobilización), os espazos intermedios, a zona de grises, cada vez é menor porque o poder económico, que é realmente quen nos goberna, aproveita calquera espazo de dúbida para adquirir máis prebendas, son insaciables, a súa intención non é outra que rematar co escaso estado de benestar do que gozábamos para converter dereitos en mercadorías das que eles se están apropiando.
Corresponde, polo tanto, participar activamente en todo o que socialmente se opoña ás intencións dos “mercados”.
Na nosa universidade están convocadas eleccións sindicais, un momento importante no que temos a posibilidade de implicarnos, agora temos a posibilidade de dar o voto a candidaturas que representen e dinamicen esa resposta, laboral e social, imprescindible.

Para a infanta
Pois moi ben, siga nos seus trece, pero advírtolle de que estando na mili decateime de que o descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento, ousexa que se sabía coma se non sabía, o feito é que vostede tiña a metade da sociedade e as consecuencias desta sociedade son de vostede nun cincuenta por cento. Gústelle ou non lle guste, que xa dixo o Rei que todos somos iguais ante a lei e iso a inclúea a vostede.

Arsenio Fernández de Mesa
O actual director da garda civil, o Sr. Arsenio Fernández de Mesa, quen fora durante a tan ben xestionada crise do Prestige, delegado do goberno en Galicia, parece ser que foi nos seus anos mozos guerrilleiro de cristo rei en El Ferrol del Caudillo; e que o seu currículo está tan ou máis inchado que o de Roldán, daquela tamén director da garda civil co goberno de Felipe González. A tal extremo que o ferrolán tan só é un simple xardineiro, con todos os meus respectos cara a iso, ou pouco máis; e que ademais e dende hai moitos anos é intimo do presidente, ao que acompaña ou acompañaba, como man dereita a todos os seus mitins.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript