Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 221 - 24/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión da Comisión de Funcionarización

Na reunión da Comisión de Funcionarización realizada o día 21tomáronse os seguintes acordos.

 

  • Noticias relacionadas

 

O calendario previsto para o próximo proceso de funcionarización é o seguinte:
 

  • En maio e xuño realizarase un curso preparatorio das probas
  • A finais de xuño publicarase a convocatoria da funcionarización
  • Os exames realizaranse no último trimestre do ano, previsiblemente en setembro ou outubro.
 
Ao respecto das convocatorias:
 
Poderán presentarse en primeira convocatoria
: aqueles traballadores que na anterior convocatoria eran persoal laboral temporal e que agora xa son fixos, así como aqueles que estando inscritos nas anteriores probas non as puideron realizar por causa de forza maior.
 
Poderán presentarse en segunda e última convocatoria: aqueles traballadores que na anterior convocatoria xa tiñan a condición de persoal laboral fixo e podendo inscribirse nas probas non o fixeron, os que se inscribiron e non se presentaron (excepto os casos de forza maior) e aqueles outros que se presentaron ás probas da anterior convocatoria e suspenderon.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript