Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 220 - 17/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Nace a primeira universidade privada de Galicia

O Consello Galego de Universidades e a Xunta de Galicia veñen de aprobar, co voto en contra das tres universidades públicas galegas a adscrición do Centro de Estudios Superiores de A Coruña (Cesuga) á Universidade privada San Jorge de Aragón, despois de vincularse dende o ano 95 á Universidade de Dublín, impartindo Arquitectura e ADE. A demais do cambio de adscrición, posteriormente a proposta de carreiras tenrá que pasar o filtro da Xunta e tamén da axencia de calidade universitaria correspondente.

 

  • Noticias relacionadas

 

Consolídase, deste xeito a implantación da primeira universidade privada en Galicia. A Xunta e todo o entramado político-económico saben ben o que queren e dan os pasos necesarios para conseguilo, saben, tamén que non terán a resposta que lles impida realizar o que teñen planeado, a unha universidade pública adormecida na loita reivindicativa xúntase unha sociedade igual de aborregada no que á loita social se refire.
 
Se continuamos inactiv@s o capital estenderá os seus tentáculos a todos os ámbitos do que até agora é público.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript