Número 220- 17 de febreiro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Acción social: o reitor condénanos ao copago

    Para que ninguén se ocupase de transmitirlle, pola porta traseira, o rexeitamento á súa decisión de recortar a acción social, a Xunta de PAS solicitou unha reunión co reitor. Esa reunión realizouse o pasado venres. O sr. reitor reafirmou, unha vez máis, a súa irracional postura negándose a escoitar ningunha das alternativas que se lle expuxeron.

UNIVERSIDADE

    Nesta semana, venres 21 de febreiro ás 12:30 horas, realizarase unha nova reunión da Comisión de Funcionarización na que se aprobará un calendario de formación para o segundo proceso. De aprobarse o calendario contemplado no proxecto (todo apunta a que así será), o proceso de formación estaría rematado en maio e en xuño realizaríanse as probas de funcionarización.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    A Reforma das Administracións Públicas imposta polo PP demostra, deste xeito que o que menos importa é a mellora das Administracións Públicas senón que o realmente interesa é o despedimento de traballadores e traballadoras. Xa sabedes para onde van os cartos aforrados con esta sangría.

LOITA SOCIAL

    Na reunión do pasado martes no Pichel acordouse tamén apoiar as manifestacións previstas polo sindicalismo alternativo, CUT, SLG, CNT, CGT, STEG, SF-IN e SE, para o próximo 26 de febreiro, ás 20 horas nas seguintes cidades.

LOITA SOCIAL

    Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais, sociais e cidadás de Galicia asinantes, manifestamos o seguinte:

ASOCIACIÓN CALEGA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

    O goberno de Feijóo está aproveitando a crise para xustificar a diminución do gasto sanitario público, a base de recortes e copagos, pero o gasto en privatizacións non fai más que aumentar.

20 DE FEBREIRO FOLGA NO ENSINO PÚBLICO GALEGO

    O vindeiro 20 de febreiro, baixo o lema “En pé por un ensino público galego” e cun manifesto asinado por Agir, Comités e a Liga Estudantil Galega, as organizacións estudantís nacionalistas galegas chamamos ao estudantado de ensino medio e universitario a sumarse a unha folga contra da LOMCE e os recortes no ensino.

DEREITOS HUMANOS

    As ONG especializadas en atención a inmigrantes en Ceuta esixen a creación dunha comisión internacional sobre as "graves violacións de dereitos humanos nas fronteiras de Melilla e Ceuta", cidade esta onde o pasado xoves se produciu o ataque asasino da G.C. contra decenas de persoas.

ECOLOXÍA

    A Compañía Eléctrica de Tokyo (Tepco) volve encontrarse no medio de críticas por non proporcionar durante meses os datos correctos sobre os verdadeiros niveis de radiación na central nuclear de Fukushima.

• OPINIÓN . Isaac Rosa

    De entre todas as conclusións que nos deixa a morte de quince persoas en augas fronteirizas de Ceuta, eu quedo cunha derivada nada secundaria: os inmigrantes dicían a verdade. E os responsables da Garda Civil mentían.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O Consello Galego de Universidades e a Xunta de Galicia veñen de aprobar, co voto en contra das tres universidades públicas galegas a adscrición do Centro de Estudios Superiores de A Coruña (Cesuga) á Universidade privada San Jorge de Aragón, despois de vincularse dende o ano 95 á Universidade de Dublín, impartindo Arquitectura e ADE. A demais do cambio de adscrición, posteriormente a proposta de carreiras tenrá que pasar o filtro da Xunta e tamén da axencia de calidade universitaria correspondente.
 EXTRA DE DECEMBRO 2012
    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de ditar sentenza no Conflito Colectivo interposto polo persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar recoñecendo o dereito destes traballadores e traballadoras á percepción da parte proporcional da paga extra de decembro de 2012.
 TVG
    A entrevista que o Intermedio programara para o luns, día 10 trasladouse finalmente para o martes 11, para o seu cambio medios da emisora aduciron condicionantes impostos pola actualidade política.
 ACCIDENTE FERROVIARIO DE ANGROIS
    Nos días posteriores ao tráxico accidente ferroviario de Angrois, tanto os medios de comunicación como Renfe, Adif e o Ministerio de Fomento, sen agardar a que se realizase a investigación pertinente criminalizaron e sinalaron como único responsable ao maquinista do Alvia accidentado.
 FONDO DE GARANTÍA SALARIAL
    Os traballadores/as denuncian que o FOGASA, a pesar de regular que no prazo máximo de 3 meses debe resolver os expedientes, acumula máis de 180.000 sen resolver nese prazo, esta circunstancia prexudica grandemente aos traballadores e traballadoras que, debido a este retraso, non puideron acceder aos pagos aos que tiñan dereito.
 LOITA SOCIAL
    Os sucesivos gobernos da “democracia ibérica” acostumaron a establecer vínculos directos cos intereses económicos de empresas e particulares, creouse, deste xeito unha enmarañada tea de corrupción que propiciaba e segue a propiciar, por un lado o enriquecemento rápido do astuto político e, por outro, ábrelle a porta das grandes empresas favorecidas durante o mandato político para o exercicio dun “emprego” moi ben remunerado ao producirse a xubilación das tarefas de goberno. Tamén se aproveita esa proximidade coas empresas, ás que se lles outorgaban suculentos contratos coa administración, para colocar aos seus amigos e correlixionarios.
 PARLAMENTO
    Tod@s lembraredes a estampida de parlamentari@s do Congreso dos Deputados saíndo ás carreiras para gozar dun “merecidos” descanso despois de lexislar en reiteradas ocasións contra os dereitos d@s traballador@s aducindo moitas das veces a necesidade de incrementar os controis, a produtividade, a redución de salarios…. Sabiamos xa que est@s señorit@s teñen cubertas dende as máis pequenas necesidades até os antollos máis caros.
 LINGUA - Denís Vicente Rodríguez
    Alá polo ano académico 2002/2003 comezaba unha nova andaina no IES A Sangriña da Guarda. O profesorado deu un paso adiante e comezou a dar aulas de portugués no primeiro curso da ESO.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      RAJOY PROMETE "SUCESIVAS BAIXADAS DE IMPOSTOS" ISO SI, A PARTIR DE 2015

       
        PIKACHU

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript