Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 220 - 17/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  DEREITOS HUMANOS
 

ONG esixen que unha comisión internacional investigue "as graves violacións de dereitos" na fronteira

As ONG especializadas en atención a inmigrantes en Ceuta esixen a creación dunha comisión internacional sobre as "graves violacións de dereitos humanos nas fronteiras de Melilla e Ceuta", cidade esta onde o pasado xoves se produciu o ataque asasino da G.C. contra decenas de persoas.

 

  • Noticias relacionadas

 

"Dende os graves acontecementos do 2005, que provocaron 15 mortos, as ONGs de dereitos de emigrantes non cesamos de denunciar e reclamar en memoria das vítimas o respecto dos dereitos humanos nas fronteiras de Ceuta e Melilla, esixindo unha investigación coa participación de observadores internacionais para esclarecer a verdade," din nun comunicado Chabaka, AMDH region du nord, e Pateras de la Vida.
 
Segundo afirman, en relación ao sucedido o xoves no El Tarajal, a pesar dos continuos chamamentos, "Marrocos, España e a UE seguiron coa mesma política migratoria obsesionada coa blindaxe das fronteiras por enriba de calquera consideración de tipo humanitario e desprezando a voz das ONG de dereitos de emigrantes, levando a súa guerra salvaxe e inhumana contra os emigrantes ao limite producindo unha das traxedia máis graves dende os acontecimintos de 2005".
 
Por iso esixen "unha urxente investigación coa participación de observadores internacionais para aclarar a verdade e as responsabilidades dos dous Estados", así como reclaman "o fin da militarización da cuestión migratoria" nestas zonas fronteirizas e expresan a súa "profunda condena" da política europea que converte a Marrocos en "xendarme da fronteira sur", converténdose en "cómplice da súa criminal guerra contra os emigrantes".
 
Axencias

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript