Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 220 - 17/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  PARLAMENTO
 

@s deputad@s viven como Deus

Tod@s lembraredes a estampida de parlamentari@s do Congreso dos Deputados saíndo ás carreiras para gozar dun “merecidos” descanso despois de lexislar en reiteradas ocasións contra os dereitos d@s traballador@s aducindo moitas das veces a necesidade de incrementar os controis, a produtividade, a redución de salarios…. Sabiamos xa que est@s señorit@s teñen cubertas dende as máis pequenas necesidades até os antollos máis caros.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O sucedido no Parlamento Galego con Carmen Iglesias Sueiro, a deputada ourensá elixida na candidatura de AGE e que constituirá ela soa o Grupo Mixto, revolve, de novo o estómago ao poñernos outra vez diante dos ollos o que nos custa á cidadanía esa manchea de “representantes” para os que, en xeral, só existimos unha vez cada catro anos (cando nos solicitan o voto).
 
Segundo se publica na prensa, como deputada cobrará un salario bruto de 4.530 euros ao mes, que suman 54.360 euros ao ano. E a maiores disporá dunha quinta parte da asignación que lle correspondería a un grupo parlamentario de cinco persoas, que supón outra inxección mensual de 3.831 euros, é dicir, 45.972 máis cada ano para sufragar a súa actividade, que sumado ao salario fai un total de 100.332 euros ao ano, cifra que aínda se pode incrementar con outra axuda finalista á que ten dereito se contrata algún colaborador e que ascende a 1.180 euros máis ao mes.
 
Estes días debátese sobre a proposta de Feijoo (PP) de rebaixar o número de representantes no Parlamento Galego, medida interesada e que rexeitamos porque o único interese que move ao PP é o afán por perpetuarse no poder. O que é imprescindible é tomar medidas que reduzan tanto o salario como as prebendas d@s que nos “representan”. Con salarios dignos pero acordes co que cobramos o resto da cidadanía, polo que se ve aforrariamos moito máis.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript