Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 220 - 17/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Para o sr. Reitor
Sr. Reitor, a súa xestión interesada non interesa ao colectivo de PAS. Xestiona o que é de todas coa única intención de preservar os privilexios das que, como vostede forman parte da escollida clase das que xa o teñen todo, do colectivo de PDI. Pensan desde o seu pedestal que a educación universitaria ten como eixo a docencia ( a investigación menos por iso non exercen como investigadores, estando a UDC á cola), xira, polo tanto ao seu redor, sendo vostedes a parte imprescindible da ecuación, para vostede como os vos políticos xestionan mantendo pluses aínda que sexan borrados dos orzamentos pola Xunta, pagan sexenios aínda que non reciban o diñeiro, instauran suculentas xubilacións, fagocitan o aforro orixinado pola funcionarización do PAS laboral…. A outra parte esencial fórmana os alumnos, sen eles vostedes estarían orfos, non terían a quen “educar”, son para vostedes a parte residual. Para vostede e para os que son coma vostede, a parte “prescindible” formámola o PAS, somos, polo tanto o foco das súas políticas máis restritivas, onde se recorta nas RPT (para “incrementar a eficacia na xestión”, claro), ao colectivo ao que proporcionalmente máis se lle recorta en acción social…. Somos as excluídas, ás que a xente como vostede outorga o privilexio de gozar das migallas do que lle vai caendo da súa opípara ración e temos que estarlle agradecidas. Non é vostede nin “progre” sequera, reproduce os valores que sempre imperaron na universidade clasista, para vostede defender o ensino superior público non é máis que defender os intereses da súa clase, a dos parasitos

 

Asasinatos en Ceuta
O asunto é dunha gravidade "extrema". Pasiño a pasiño, con este goberno, ímonos achegando ao momento no que a presenza dun policía ou un garda civil nos empece a producir "inseguridade" como acontece nos países máis corruptos.
Achegámonos ao momento no que denunciar un atropelo dun poderoso, daranos medo, porque moi probablemente remataremos sendo nós os acusados.
Achegámonos ao momento no que calquera explicación dos nosos gobernantes nos soe a mentira e calquera decisión tomada en nome da sostibilidade de "algo" nos poña en garda, porque -case seguro- será un saqueo.
E a miña maior preocupación é que, aínda que unha gran parte dos cidadáns sabemos todo isto, a maior parte desa gran parte, seguiremos facendo o de sempre: Mirar cara ao noso propio embigo e non mover un dedo.
Estamos a vivir nunha especie de "democracia amorfa" e a razón diso é que nós mesmos somos (ou comportámonos) como "demócratas amorfos".

O sr, Arsenio Fernández de Mesa
Alguén recorda o actual Director da Garda Civil durante a crise do Prestige? Teso, soberbio, pegadiño a Rajoy en todos os momentos e defendendo a capa e espada o que xa era unha catástrofe innegable.En casa diciamos, en broma, "mírao, se leva o colo como os corvos mariños". Pois iso amigos, os favores páganse e a este fascista ferrolán pagáronllo coa Dirección que máis lle apetecía, dixérono no seu momento amigos de toda a vida "o que máis lle gustan son os desfiles militares e a Garda Civil". Pois eses son os políticos que nos vai deixando este PP cheo de ineptos.

O currículo de Fernández de Mesa
Mestura explosiva, garda civil e Arsénico Fernández de Mesa, un suxeito que mente ata no seu currículo, presumindo de non se sabe que altos estudos de defensa que ninguén avala, cando non rematou nin o graduado escolar, presumindo de funcionario, cando se sabe que o seu posto é de auxiliar de segunda, axudante de xardinaría municipal. Pero a súa fidelidade fascista levoulle a responsable do PP como Delegado de Goberno de Galicia, cando chegou a dicir que o petróleo perdido non chegaría á costa e ao día seguinte engadiu que o destino dese petróleo sería converterse en lastras no fondo do mar, imos, un erudito da mentira, e neste caso das ameazas sen sentido. Si señor, un bo herdeiro para Luis Roldán.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript