Febreiro de 2014
 
 

NÚMERO 220 - 17/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  ECOLOXÍA
 

Ocultan os verdadeiros niveis de radiación en Fukushima

A Compañía Eléctrica de Tokyo (Tepco) volve encontrarse no medio de críticas por non proporcionar durante meses os datos correctos sobre os verdadeiros niveis de radiación na central nuclear de Fukushima.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo informa Reuters, Tepco revelou que a auga subterránea obtida dun pozo de vixilancia en xullo contiña un récord de 5 millóns de becquereles por litro da substancia radiactiva estroncio 90, que é máis de cinco veces o total de lectura de radiación beta de 900.000 becquereles por litro rexistrado no pozo, que está a uns 25 metros do océano.
 
Tepco insistiu en que foi un erro de calibración cunha máquina que mide os niveis de estroncio da auga do pozo na central. Ademais, asegurou que se detectou un erro coas máquinas que descifran a radiación total beta.
 
Un voceiro de Tepco sostivo que se reexaminarán os datos e que se vai volver comprobar a radiación total beta das augas subterráneas.
 
Non obstante, os funcionarios da Autoridade de Regulación Nuclear (ARN) criticaron fortemente a Tepco por non proporcionar datos correctos e a tempo. Ademais, o organismo regulador condenou que a compañía carece de "unha comprensión fundamental da medición e o manexo da radiación", segundo o presidente de ARN, Shunichi Tanaka.
 
Axencias

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript