Febreiro de 2014
 
 

10/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Loita contra a privatización da doazón de sangue en Madrid

Os traballadores do Centro de Transfusión de Sangue de Madrid comezaron un encerro indefinido. Néganse a que parte do servizo sexa entregado á Cruz Vermella, din que se perderán postos de traballo, e que isto non é máis que un novo caso de privatización sanitaria.

 

  • Noticias relacionadas

 

No Centro de Transfusión de Madrid, xestiónase a extracción de sangue da rexión, tanto a que se realiza nos centros habilitados coma as doazóns nos autobuses que percorren as localidades madrileñas.
 
E é este servizo, que realiza, tamén, as colectas de sangue en unidades móbiles, o que o Goberno  externalizou, entregándollo a Cruz Vermella. Segundo a Consellaría de Sanidade, para evitar duplicidades.
 
O pasado 27 de xaneiro o presidente madrileño, Ignacio González, retiraba o seu proxecto de privatizar seis hospitais.
 
A Marea Branca lograra o seu obxectivo, con esta vitoria da presión popular en mente, os traballadores deste centro tamén teñen a esperanza de que o convenio coa Cruz Vermella se retire.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript