Febreiro de 2014
 
 

10/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

A reforma laboral fixo diminuír un 10% os salarios dos traballadores

Os salarios no estado reducíronse un 10% de media dende o inicio da reforma laboral fai agora dous anos, segundo os resultados do terceiro Observatorio de Seguimento desta reforma, presentado este luns e procedentes de enquisas a empresas, na súa maioría con máis de 50 empregados.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O Observatorio tamén puxo de manifesto unha diminución da contratación indefinida en favor de maior precariedade laboral: contratos a tempo parcial e de formación e aprendizaxe, especialmente nas grandes empresas. Así as compañías con máis de 50 empregados duplicaron esta última modalidade de contrato, pasando do 8,1% ao 16,6%.
 
Respecto á media de indemnizacións que se sitúa en 26 días, só no 10,6% dos casos se aboou a indemnización legal de 20 días. Ademais, o estudo reflicte que os empresarios incrementaron a contratación a través das Empresas de Traballo Temporal (ETT) e, de feito, a metade das compañías enquisadas contrataron ou pensan facelo a través das ETT, outro feito que deixa entrever o traballo lixo que se está a ofrecer dende a aplicación da reforma.
 
En rolda de prensa, participantes no estudo recoñeceron que a reforma laboral beneficiou aos empresarios, que tiraron dela para despedir traballadores e recortar salarios con maior facilidade que antes da súa aplicación.
 
Ademais, o Observatorio cre moi probable a aplicación dunha nova reforma laboral aínda máis drástica, como a Troika, conformada polo Banco Central Europeo (BCE), a Comisión Europea (CE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI), así como a patronal española, veñen pedindo o Goberno de Mariano Rajoy dende hai meses.
 
La Radio del Sur

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript