Febreiro de 2014
 
 

10/02/2013

   CUTUDC / Novidades

  BRUTALIADADE POLICIAL
 

"Non escrachees a un pepero mentres xanta...puede ser terrible"(vídeo)

Creo que paga a pena recoller o testemuño que nos deixan na web "Buhardilla de Álber" sobre o que aconteceu o pasado fin de semana en Valladolid. Uns feitos que se poderían cualificar de terror de baixa intensidade a cargo do Estado, os políticos e as forzas de Seguridade do Estado ao seu servizo.

 

  • Noticias relacionadas

  •  

  • "Ás 13:30 da tarde aproximadamente finalizou na Praza Maior a lectura dun manifesto por parte do representante de "Parados en Movemento", organización que convocara a manifestación polo centro da capital do Pisuerga en protesta contra as políticas do Goberno de España, e á que se uniran decenas de colectivos e cidadáns anónimos. En total, varios miles de persoas concentráronse na histórica praza principal da cidade pucelana.
     
    Con posterioridade, algúns manifestantes, apenas un centenar, continuaron marchando polos arredores da Praza de Coca, porque alguén informara de que na devandita zona se encontraban os membros que participaran na Convención do Partido Popular, celebrada dende o venres no Auditorio Miguel Delibes. Finalmente chegaron á porta do emblemático restaurante "
    La Parrilla de San Lorenzo", onde se detiveron. Ao parecer, alí estaban a comer membros do Goberno e do PP.
     
    Inmediatamente víronse rodeados por membros da Policía Nacional, que se desprazaron a pé e en furgóns ata o lugar. Non había gran diferenza entre o número de axentes e o de cidadáns reunidos. Despois de apenas cinco minutos, durante os que os manifestantes non incorreron en ningún tipo de acto violento nin de provocación, máis alá da súa pacífica protesta -principalmente entoando o lema "os vosos sobres son os nosos recortes" -, a Policía decidiu disolver pola forza a pequena concentración, cargando brutalmente contra os alí congregados
     
    Ninguén fixera o máis mínimo ademán de entrar no establecemento, nin sequera de baixar as escaleiras de pedra que preceden a entrada, que talvez xustificaran unha intervención policial de corte disuasorio e sen violencia. Só berraban e protestaban.
     
    Sucedéronse berros de terror e pánico. Sobresaíu o berro alporizado dunha rapaza que observaba como agredían ao seu compañeiro. Os antidisturbios -aínda que alí non existía disturbio ningún- detiveron varias persoas e golpearon con extremada e desproporcionada violencia a todo o que non se afastaba, botándoos ao chan ou golpeándoos en calquera parte do seu corpo. Un bo número de vítimas eran persoas de mediana idade, en torno aos cincuenta anos. Había membros da asociación "Parados en Movemento", do 15-M e doutros colectivos, ademais de persoas anónimas. Un home que pasaba dos sesenta sentouse nun banco, doéndose ostensiblemente na zona da ingua, onde lle impactara unha porra. Un policía que lucía un cano bigote de principios do século XX chamou a voz en grito "parasito social" a un home que roldaba a ancianidade e que lle estaba a recriminar a súa actitude...
     
    ... Despois, a Policía mantivo un perímetro de seguridade en torno ao restaurante propio do que se houbese establecido en caso de atentado terrorista, impedindo avanzar ás persoas que ían en dirección á rúa María de Molina ou pola pequena vía de Pedro Niño. "
     
    Cando non podes soportar unha manifestación pacífica dunha decena de persoas e mandas un centenar de policías para que a disolva pola forza é simplemente que non estás capacitado para gobernar para non dicir que tes un problema moi grave de mercadotecnia. O 11 M creou un trauma e un complexo demasiado profundo nos dirixentes do Partido Popular. Perderon esas eleccións pola súa terrible torpeza. Dende entón en vez de cidadáns ven fantasmas, golpistas ou terroristas de baixa intensidade en cada esquina
  •  


     

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript