Febreiro de 2014
 
 

10/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  NEPOTISMO NA XUNTA
 

A oposición abandona a comisión de Sanidade polo 'plantón' da conselleira

@s representantes de BNG, AGE e PSdeG critican que Rocío Mosquera non compareza para dar conta da 'desviación do poder' acreditada polos tribunais no caso do seu marido e que envíe a un alto cargo de Sanidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, non acudiu á comisión parlamentar para dar conta do 'desvío de poder' acreditado polo TSXG no Sergas cando ela era xerente e do que se beneficiou o seu marido. A maioría que obstenta o PP volveu imporse como 'rodiño' e evitou a Mosquera ter que dar explicacións ante a oposición. No seu lugar, mandou á directora xeral de Recursos Humanos do Sergas. Margarita Prado.
 
Os representantes do BNG, AGE e PSdeG abandonaron a comisión de Sanidade por considerar inadmísíbel que a conselleira non estivese alí para dar explicacións sobre o que cualifican como un escándalo de “neopotismo”. Para a voceira do BNG, Montserrat Prado, que Rocío Mosquera con compareza “é unha mostra de covardía”. Por iso as tres formacións marcharon da comisión. “para darlle un plantón ao goberno galego e ao PP por non vir aquí dar explicacións”.
 
"Neopotismo"
 
Para o TSXG o ascenso do marido de Rocío Mosquera cando esta era xerenta do Sergas incorreu nun delito de "desviación de poder". E é que segundo o tribunal o proceso de adxudicación desenvolvido foi "altamente cuestionábel" ao se "afastar de pautas obxectivas" na valoración do proxecto presentado por Manuel Bustamante.
 
O ditame, anula pois a decisión adoptada pola mesa de contratación e exixe que esta se repita sen que tome parte da mesa ningunha das persoas con presenza no proceso anterior.
 
O acontecido, ocorreu en 2010. Naquela altura, a actual conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, era xerenta do Sergar e o seu compañeiro resultou ascendido a xefe de cirurxía no CHUS. Unha coincidencia que desde os grupos da oposición tildan de "nepotismo" e "abuso de poder".
 
Sermosgaliza

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript