Febreiro de 2014
 
 

10/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  POLO DEREITO A DECIDIR SOBRE O SEU PROPIO CORPO
 

Unhas 200 mulleres solicitan inscribir o seu corpo no rexistro de propiedade

Unas 200 mulleres acudiron este xoves a oficinas do Rexistro da Propiedade de varias cidades españolas co obxectivo de rexistrar os seus corpos. A artista e activista social Yolanda Domínguez convocara esta acción en redes sociais, co obxectivo de reivindicar o dereito a decidir das mulleres sobre o seu propio corpo.

 

  • Noticias relacionadas

 

A repercusión foi moito maior da esperada. Pronto, as redes sociais difundiron a convocatoria e convertérona nunha protesta masiva. "Estamos fartas de que nos digan, ao longo da historia, como temos que tratar o noso corpo, así que quixemos expresar a nosa indignación dun xeito creativo mediante unha acción colectiva," explica Domínguez. "O noso corpo é un territorio que temos" que "reconquistar", engade.
 
Decenas de persoas achegáronse ás oficinas do Rexistro en Madrid, Sevilla, Barcelona, Zaragoza e Bilbao. "Pensaba que os funcionarios se ían enfadar moito, pero tras as primeiras reaccións de shock, de non o crer, pasaban á absoluta comprensión", asegura.
 
De feito, en Madrid, o funcionario que as atendeu citou a Domínguez a semana que vén. "Está absolutamente de acordo e quere sentar un precedente legal", afirma. Non foi tan doado noutras cidades, onde a activista asegura que os funcionarios esixían requisitos "absurdos" para inscribir a solicitude.
 
Aínda que non se logre finalmente inscribir os corpos como bens mobles, si se conseguiu o verdadeiro obxectivo: unha repercusión suficiente que poña de manifesto as reivindicacións destas mulleres. Domínguez confesa que hoxe, o día despois, veise algo desbordada polas chamadas dos medios de comunicación, que tratan de contactar con ela mesmo dende México.
 
La Marea

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript