Número 219- 10 de febreiro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Acción social. A universidade racha as negociacións

    Na última reunión da Mesa de Traballo articulada desde o goberno da universidade para lexitimar o recorte da acción social rompéronse as negociacións. A representación do goberno universitario non aceptou ningunha das posibilidades que se lle presentaron para “conseguir” os 163.106€ necesarios para continuar co actual orzamento da partida acción social.

UNIVERSIDADE

    Proporemos no Comité de Empresa resultante das eleccións sindicais que convocou no colectivo de PAS laboral a posibilidade de entaboar o correspondente Conflito Colectivo que restitúa a parte do recorte salarial realizado no ano 2013 que vai dende decembro de 2012 a marzo de de 2013.

LABORAL

    A Central Unitaria de Traballadores/as expresa a súa total solidariedade cos dous compañeiros condenados a tres anos de prisión por formaren parte dun piquete informativo, e chama a súa militancia a participar na mobilización convocada en Vigo o vindeiro domingo, 9 de febreiro ás 11:30h con saída na Praza dos Cabalos en repulsa por este feito.

LOITA SOCIAL

    NON AO PAGO DA DÉBEDA
    NIN UN RECORTE MÁIS
    FÓRA OS GOBERNOS DA TROIKA
    PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODOS E TODAS

SANIDADE PÚBLICA

    Os traballadores do Centro de Transfusión de Sangue de Madrid comezaron un encerro indefinido. Néganse a que parte do servizo sexa entregado á Cruz Vermella, din que se perderán postos de traballo, e que isto non é máis que un novo caso de privatización sanitaria.

NEPOTISMO NA XUNTA

    @s representantes de BNG, AGE e PSdeG critican que Rocío Mosquera non compareza para dar conta da 'desviación do poder' acreditada polos tribunais no caso do seu marido e que envíe a un alto cargo de Sanidade.

DILAPIDACIÓN
 

    A crise non rematou coa dilapidación de diñeiro público no estado. Seguen aflorando múltiples casos malia a dramática situación financeira de moitos municipios, autonomías e familias. Agora uns estudantes da Universidade de Málaga decidiron crear unha web, www.despilfarropublico.com, onde aparecen os casos que os usuarios van denunciando por toda a xeografía estatal, co que están a construír un verdadeiro mapa da dilapidación.

BRUTALIADADE POLICIAL
 

    Creo que paga a pena recoller o testemuño que nos deixan na web "Buhardilla de Álber" sobre o que aconteceu o pasado fin de semana en Valladolid. Uns feitos que se poderían cualificar de terror de baixa intensidade a cargo do Estado, os políticos e as forzas de Seguridade do Estado ao seu servizo.

• OPINIÓN . Isaac Rosa

    Durante anos asinamos contratos que tiñan demasiada letra pequena e cláusulas a miúdo marxianas. Non nos preocupamos demasiado, ata que co tempo comprobamos que esa letra pequena pesaba máis que a grande, e que as cláusulas eran puro abuso. E que o asinado podía servir para botarnos á rúa, perder a vivenda e quedar cunha débeda de por vida.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
    O persoal do Capítulo VI, metido a calzador no colectivo de PAS laboral da USC non deixa de crear situacións “problemáticas” na orde sindical. O feito de que a contratación, o salario, o horario… sexan distintos dos contemplados no Convenio Colectivo do PAS laboral crispa as relacións laborais coa institución.
 TVG
    O periodista galego Gonzo de El Intermedio entrevistará o luns día 10 ás 21:30 horas a periodistas da TVG que denuncian a censura e a manipulación informativa que se está a producir na TVG e que xa denunciamos no PASquín.
 MÁIS RECORTES
    A partir do 9 de febreiro fíxose efectiva a desaparición de sesenta empregos do 065, o que significa o desmantelamento efectivo do servizo que dá apoio para a mobilidade a persoas con discapacidade e dependentes.
 LABORAL
    Os salarios no estado reducíronse un 10% de media dende o inicio da reforma laboral fai agora dous anos, segundo os resultados do terceiro Observatorio de Seguimento desta reforma, presentado este luns e procedentes de enquisas a empresas, na súa maioría con máis de 50 empregados.
 SANIDADE - SOCIEDADE
    Os datos médicos dos pacientes británicos poderán venderse e comprarse a partir de marzo. O pasado mes de maio, o diario The Guardian publicaba unha información na que adiantaba os desexos do Goberno británico de mercantilizar os historiais clínicos dos usuarios da Sanidade pública. Ademais, a información xa apuntaba a un dos posibles compradores, a empresa aseguradora Bupa.
 POLO DEREITO A DECIDIR SOBRE O SEU PROPIO CORPO
    Unas 200 mulleres acudiron este xoves a oficinas do Rexistro da Propiedade de varias cidades españolas co obxectivo de rexistrar os seus corpos. A artista e activista social Yolanda Domínguez convocara esta acción en redes sociais, co obxectivo de reivindicar o dereito a decidir das mulleres sobre o seu propio corpo.
 LINGUA
    Estes días en que Galicia é centro de atención dos informativos de todo o Estado polos fortes temporais e polas nevaradas, asistimos estupefactos a un retroceso irrespectuoso no tratamento dos nosos topónimos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      A INFANTA DEBERÁ PAGAR 600.000 EUROS SE URDANGARIN É CONDENADO

       
        O PP ATACA Á XUÍZ QUE ARQUIVOU A CAUSA DO ESCRACHE CONTRA A VICEPRESIDENTA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript