Febreiro de 2014
 
 

10/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  DILAPIDACIÓN
 

O gran mapa da dilapidación pública xa está aquí

A crise non rematou coa dilapidación de diñeiro público no estado. Seguen aflorando múltiples casos malia a dramática situación financeira de moitos municipios, autonomías e familias. Agora uns estudantes da Universidade de Málaga decidiron crear unha web, www.despilfarropublico.com, onde aparecen os casos que os usuarios van denunciando por toda a xeografía estatal, co que están a construír un verdadeiro mapa da dilapidación.

 

  • Noticias relacionadas

 

Porque ninguén mellor que os propios cidadáns e veciños dun municipio para alertar do dispendio de diñeiro público por parte das institucións locais. Porque os últimos dez anos foron un verdadeiro disparate á hora de empregar os recursos públicos e coñecemos multitude de casos de gran relevancia e presuposto que saltaron aos medios de comunicación. Pero hai outros que pasaron e pasan máis desapercibidos.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript