Febreiro de 2014
 
 

10/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reclamación de parte do salario recortado no ano 2013

Proporemos no Comité de Empresa resultante das eleccións sindicais que convocou no colectivo de PAS laboral a posibilidade de entaboar o correspondente Conflito Colectivo que restitúa a parte do recorte salarial realizado no ano 2013 que vai dende decembro de 2012 a marzo de de 2013.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2013 publicáronse no DOG do 28 de febreiro de 2013 establecendo, como ocorreu no 2012 un recorte salarial con efecto desde xaneiro de 2013.
 
Unha vez que se conseguiu que o TSXG ditaminase a favor d@s traballador@s nas denuncias sobre o recorte realizado no ano 2012, visto que todas as sentenzas consideran ilegal a aplicación de xeito retroactivo das normas impostas, por esa mesma razón compre interpoñer o Conflito Colectivo para, como dixemos, reclamar as cantidades indebidamente recortadas no ano 2013.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript