Febreiro de 2014
 
 

03/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  CONSUMO
 

O recibo da luz tamén é unha loita obreira

Rematado un 2013 dramático para a clase traballadora galega. Por se non fora suficiente a lista de agresións ós dereitos do pobo traballador; desemprego, recortes sociais, precariedade e escravismo laboral, desafiuzamentos, ou as estafas bancarias,… Que o inimigo capitalista e os xestores do goberno o seu servizo, déixanos como agasallo de Nadal, o incremento da tarifa eléctrica para o 2014.

 

  • Noticias relacionadas

 

Dito incremento ven a supoñer máis exactamente a sexta suba do recibo da luz nos últimos dous anos. Concretamente desde o ano 2012 a tarifa eléctrica tivo unha suba acumulada do 21%. E se nos retrotraemos ó 2003, dea anos atrás, teríamos que falar da escandalosa suba do 83%. Isto so ten un nome: roubo. Se temos en conta que a lexislación por suposto non contempla bandas de consumo básico e o tratamento é idéntico de quen non poden ós que poden, a repercusión deste roubo é tremenda para as economías traballadoras.
 
Desde fai unhas semanas os medias reflicten unha polémica artificial sobre o incremento do recibo da luz para o ano 2014. As especulacións a ese respecto van do 2,9 % ó 11,5 % de incremento previsto. O goberno a través do Ministro Soria manifesta que non permitirá a suba proposta polas eléctricas, e estas din coa cara dura máis grande do Mundo, que sen a suba o negocio non sería rendible. É evidente que esta cortiña de fume onde o PP xoga a policía bo e as eléctricas ó policía malo, non é casual e ten a utilidade de enganar aos que pagamos: @s traballador@s.
 
O sector enerxético, dentro do cal se encadran as eléctricas é un sector estratéxico para a sociedade e nin falta fai argumentalo. Pero precisamente o capitalismo o que fai e darlle a volta a ese carácter estratéxico, para usurpalo (privatizacións de Felipe González) e convertelo en auténtico chantaxe á maioría social. Calquera sabe que quen no paga a luz, simplemente se corta o subministro e problema arranxado. Claro! Para o capitalista de Fenosa, Endesa, Iberdrola, etc.
 
Falando deste roubo das eléctricas, habería moito que analizar. Comezando pola propia produción eléctrica, onde perversamente se converten os elementos e bens universais como a auga ou o vento, no caso galego, en fontes de lucro e extorsión dos monopolios capitalistas que a súa vez son o sustento dos gobernos.
 
A clase traballadora hoxe máis cercada que nunca polos inimigos de clase, deberá tomar conciencia sobre esta realidade. O recibo da luz é indefectiblemente unha loita pendente da clase traballadora e os sectores populares de Galicia. So tendo en conta o que representa o pago da electricidade nun fogar obreiro, ó redor do 17% dos ingresos salariais medios, produce arrepío. Que será daqueles que teñen que resolver a súa vida cos catrocentos euros, ou o que é peor, @s que viven na desesperanza do desemprego.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript