Febreiro de 2014
 
 

03/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Os floteis de PEMEX, a auga de maio para Navantia e Barreras

Os xornais do País acaban de anunciar a bombo e pratiño, o peche da contratación de dous floteis ós estaleiros Navantía de Ferrol e Barreras de Vigo. A petroleira mexicana Pemex, despois de moitas voltas, adxudicou a construción destes barcos hoteis ós estaleiros Galegos en base o “prezo máis baixo solvente”, entre as ofertas presentadas, según o propio comunicado de Pemex.

 

  • Noticias relacionadas

 

A información que ocupa as portadas dos xornais, pon enfases ademais en que a adxudicación dos floteis vai supor un negocio de 300 millóns de euros por cada unidade a construír, unha en Ferrol e a outra en Vigo. Segundo os cálculos estimados polas mesmas fontes, isto viría a supor unha carga de traballo para dous anos para cada un dos estaleiros. O que non nos din, é a cantos traballadores van empregar, nin tampouco en que condicións laborais.
 
Desde a CUT xa temos adiantado a nosa posición sobre o significado real da operación da compra do 51% das accións de Barreras por unha filial de Pemex. Non é outra máis que unha operación especulativa e de soporte loxístico e tecnolóxico na perspectiva empresarial da empresa mexicana. Calquera outra interpretación sería simple inxenuidade.
 
O contexto agónico do naval galego, a desesperación d@s traballador@s en paro perfila un escenario ideal, para que os capitalistas entren a saco. Xa o veremos. O estaleiro Armón, nestes momentos o que mantén máis carga de traballo, emprega na súa factoría de Navia (Asturias) a centos de traballadores Galegos, sen as máis mínimas condicións laborais. Que é iso do Convenio? E, as horas extras?
 
Se non hai unha marcha atrás no culebrón dos floteis, efectivamente haberá traballo para un terzo dos traballadores empregados fai catro anos en Barreras e en Navantia. Pero con toda seguridade serán dous anos, nun e noutro estaleiro onde as condicións laborais serán acordes co “prezo máis Baixo solvente”, non so no salario, senón tamén, na xornada, na seguridade laboral e na represión sindical. Seguiremos falando.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript