Febreiro de 2014
 
 

03/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Concurso de PAS funcionario: e o baremo estable?

No comunicado emitido pola CIG esquece, de xeito intencionado?, a referencia ao primeiro punto da votación sobre o "baremo estable” realizada o día 10 de setembro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Concretamente a pregunta realizada era:
 
“¿Apoia esta proposta como baremo estable para os concursos de méritos do PAS da UDC?”
 
A resposta a esta pregunta foi SI – 112, NON – 69 e en branco – 7.
 
Para as organizacións sindicais sempre foi relevante acadar acordos estables. É moi importante que as traballadoras e traballadores saibamos como serán, neste caso, os concursos para non dar a posibilidade de que, nalgún momento, se introduzan criterios interesados
 
Xa nas reunións coa Xerencia a CIG abandonou a defensa deste postulado para centrarse no que para eles era prioritario: a parte que se refería a que postos debía afectar a segunda fase do concurso. Mentres o resto dos sindicatos e nomeadamente a APA defendeu a globalidade do acordado polas traballadoras e traballadores.
 
Non é de estrañar, polo tanto, que a CIG interprete que como se di literalmente no comunicado “finalmente, o concurso saia tal como foi decidido pola maioría do PAS funcionario”.
 
Por outra banda o xerente xa anunciou que, para o vindeiro concurso,  deixa aberta a posibilidade de aplicar a fase de méritos específicos para os niveis 25. É esta a decisión do colectivo?.
 
Outra cuestión non menos importante é como se deciden as cousas.
 
O xerente no seu comunicado di textualmente que “na Xerencia recibíronse diferentes queixas e suxestións que lle fan cambiar de criterio”. Non viu a luz de súpeto o equipo reitoral, con alguén fixo o compadreo pois, como xa dixemos, a súa posición cos representantes legais dos traballadores e traballadoras foi moi radical.
 
Os sindicatos de clase defendemos sempre que hai que chegar aos acordos como se di habitualmente con luz e taquígrafos.
 
Os compromisos acadados pola porta de atrás foron sempre unha artimaña do sindicalismo amarelo (nesta universidade temos boa proba diso) evidenciando a proximidade existente entre quen toma as decisións e o seu apoio no colectivo de PAS. Evidencia, tamén diante dos traballadores e traballadoras a quen se teñen que arrimar se queren algún “favor”.
 
Rexeitamos, polo tanto, o fondo e a forma da nova resolución do equipo de goberno.
 
No fondo, porque non recolle todos os acordos emanados da consulta e porque parte do que recolle é expresamente temporal.
Na forma, porque resulta evidente que o cambio de posición do equipo débese á escura “intervención” (non se sabe nin quen, nin cando nin como) de persoas, grupos, sindicatos… que non representan ao conxunto do PAS funcionario.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript