Febreiro de 2014
 
 

03/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Un reitor comprometido?
Si, temos un reitor comprometido, pero non con todos os sectores que formamos a comunidade universitaria, o seu compromiso é tan corporativo que todas as restricións e recortes caen do mesmo lado, do lado do PAS.
Vese claramente no acontecido coa acción social. Mentres que o PAS reduce o capítulo de formación ano tras ano, o PDI escapa das restricións porque as ven desenvolvendo a través do CUFIE. No resto de capítulos as limitacións orzamentarias tamén son, proporcionalmente, máis reducidas para ese colectivo que para o PAS.
O PDI ten reservado máis de un millón de euros para unhas xubilacións ilegais, uns cantos privilexiados cobran o plus de altos cargos derivado do seu paseo por cargos institucionais da Xunta (a universidade pagou este complemento aínda que o PP o retirara dos orzamentos), incrementa a contratación de amigos como
eventuais de gabinete...
É este o reitor de  todos os traballadores da universidade?

 

Democracia empobrecida
A pesar das grandes mentiras que saen un día si e outro tamén, non obstante hai unha moi boa parte de cidadáns dispostos a seguir votando "o que Deus manda". A democracia está empobrecida por culpa da ignorancia, débase esta á falta de luces, á escaseza de medios para educar ou á formación teledirixida chea de sectarismo. É o que hai, houbo e seguirá habendo neste país onde case todo se arranxa con arrepentimentos, un pai noso e peregrinacións ao Santuario da Virxe do Rocío. Amén

Democracia podre
Creo que a nosa democracia está tan podre, sucia e corrupta que non creo que se poida restaurar nin crear nada novo a partir dela. Están tocadas todas as institucións, a coroa, o parlamento, os partidos, os xuíces, as autonomías e mesmo os concellos. Por iso só unha catarse que se levase todo por diante, permitiría empezar de novo e intentar facer as cousas ben. Pode que o noso conformismo, o noso egoísmo ou o noso medo, nos impida tomar a iniciativa, pero sucederá algo ou xurdirá alguén que dará o primeiro paso e irémonos todos detrás.

O tema do aborto
O PP planifica dende a Conferencia Episcopal, a banca e a CEOE e estes, están en franca minoría. Certo é que teñen o dogma, o diñeiro e o poder, pero nós temos a forza do traballo, a intelixencia, a investigación, a coraxe e os redaños para traballar e saír adiante a pesar de todas as pedras que nos botan no camiño para que non poidamos seguir andando.
Eu sempre penso cando se fala do tema do aborto e das malformacións do feto, é curioso a acendida defensa que fan do nonato e o pouco ou nada que lles importa o nacido, nese momento, a partir de aí xa se poden morrer de fame que iso non ten a mínima importancia, o importante é que nacese, que se impuxese o que para eles é a súa única escusa co fin de ter sometida á muller, é a súa forma de facer as cousas como deus manda, iso que tanto cacarexan e que nos levou ata onde estamos. Sería para facer un chiste se non resultase un asunto tan serio.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript