Febreiro de 2014
 
 

03/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Acción social. Reunión da “mesa de traballo”

O venres pasado, día 31, realizouse a segunda reunión da” mesa de traballo” creada para establecer a distribución do orzamento destinado a acción social.

 

  • Noticias relacionadas

 

O xerente facilitou novos datos de créditos para a partida de acción social do exercicio 2014.
 
Este ano o xerente di que a exención de matrícula ten que formar parte da acción social.
 
Crédito Inicial 2014.......................... 490.000,00 €
 
Créditos incorporables do 2013:
 
Acción Social PAS Funcionario..........62.240,32 €
Acción Social PAS Laboral...............103.201,64 €
Acción Social PDI...............................68.975,29 €
 
Total novo crédito “definitivo” 2014...............724.517,25 €
 
Total liquidado no exercicio 2013 incluída a exención de matrícula....887.622,00 €
 
Diferencia entre o executado do 2013 e o dispoñible para o 2014... - 163.104,75 €
 
Polo tanto para poder manter a acción social igual que o ano pasado habería que buscar de onde se pode transferir esa diferencia ou ben diminuir algúns dos conceptos da acción social.
 
Segundo os datos aportados pola Xerencia o gasto en matrícula Gratuíta no curso 2012/2013 elévanse a 262.647€.
 
Os datos que manexamos son bastante diferentes:
 
Matrícula gratuíta do persoal do Capítulo VI:          arredor de 7.800€
Matrícula gratuíta do PAS:                                     arredor de 63.442€
Matrícula gratuíta do PDI:                                     arredor de 130.773€
Total:                                                                     arredor de 202.015€

Os gastos reais foron de menor contía por baixas e incluso defuncións.
 
APA puxo de manifesto que o importe do capt. I realmente executado que ascende a uns 83.400.000€ é inferior ao orzamentado para o 2014 que ascende a 83.871.898€. Ademais que a razón que de aumento de gasto que a xerencia xustifica no incremento vexetativo no PDI, tería que estar previsto por esta universidade posto que está obrigada a enviar información á Xunta á hora de elaborar os orzamentos e a evolución do seu persoal así como o aumento das obrigas retributivas por esta circunstancia, debe ir incluída nesta información.
 
O xerente contesta que isto xa se fixo pero que a Xunta non o tivo en conta e que a universidade por este motivo fixo alegacións.
 
As compañeiras da APA  respostan que esta circunstancia é descoñecida polo persoal e que se bota de menos unha actitude de defensa dos seus traballadores por parte da institución facéndoa pública e facendo copartícipe ao seu persoal. Se é necesario xudicializar o déficit de financiamento da Xunta que incumpre o plano de financiamento do SUG habería que facelo xa, e non andar constantemente financiando ese déficit a base de recortar o capt. I e precarizar máis a situación dos seus traballadores.
 
O xerente sinalou expresamente que se respetará o Convenio Colectivo, polo tanto, a matrícula gratuíta (artigo 57) e o seguro de asistencia sanitaria (artigo 58) estarían garantidos para o persoal laboral.
 
A próxima reunión realizarase o xoves 6 de febreiro ás 9:30H.
 
É importante sinalar o incremento do orzamento que a Xerencia presentou na mesa (dos iniciais  490.000,00 € pásase a 724.517,25 €). Esta circunstancia reforza a convicción de que unha cantidade tan pequena (quedan 163.104,75 € para completar a docatción actual da acción social e o Capítulo I está dotado con case 84 millóns de euros), é posible transferila dalgunha outra partida ou ben de outro Capítulo. Se hai cartos, por exemplo, para gastar case 3 millóns de euros en novos edificios ten que habelos para manter a acción social.
 
Non aceptaremos ningún recorte na acción social!

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript