Febreiro de 2014
 
 

03/02/2014

   CUTUDC / Novidades

  DEREITO AO ABORTO
 

A CUT subscribe a convocatoria da Plataforma polo Dereito ao Aborto

En resposta á Lei Anti-Aborto que vén de impor o goberno da dereita ultracatólica do PP, a CUT apoia a campaña de mobilización convocada pola Plataforma polo Dereito ao Aborto.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Central Unitaria de Traballadores/as considera que o dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo é unha facultade inalienable que debe ser amparada mediante unha Lei que garanta un acceso libre, gratuíto e universal ao aborto.
 
As medidas regresivas do PP neste ámbito, sumadas aos recortes en políticas de protección social, amosan a verdadeira faciana hipócrita deste goberno que cunha man impide a autorregulación da natalidade, e coa outra reduce as prestacións sociais en materia de sanidade e educación aos xa nacidos.
 
Por esta razón, a Central Unitaria de Traballadores/as subscribe e apoia completamente a campaña de mobilización anunciada pola Plataforma polo Dereito ao Aborto así como a convocatoria de manifestación unitaria que terá lugar en Compostela o vindeiro 9 de marzo so o lema: Enchamos a Quintana. Polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript