Xaneiro de 2014
 
 

27/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  GALICIA, ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Temos dereito a máis días de vacacións

O Xulgado n.º 1 do Contencioso Administrativo de Ferrol recoñece o dereito dos empregados públicos aos días de vacacións por antigüidade recollidos no artigo 75.2 da Lei de Función Pública de Galicia. A Administración Autonómica negara este dereito alegando a aplicación do Real Decreto-Lei 20/2012 do 13 de xullo.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A maxistrada Lúa Taboada Martínez, titular do Xulgado do Contencioso de Ferrol, considera que o persoal da Administración pública de Galicia ten dereito a un día hábil adicional ao cumprir 15 anos de servizo, ao que se engadirá un día hábil máis ao cumprir os 20 anos, 25 e 30 de servizo, respectivamente, ata un total de 26 días hábiles por ano natural. Esta é a apreciación da xuíza, que a Xunta negaba baseándose nos referidos recortes.
 
Fundamenta a súa sentenza en que «non se modificou o artigo 75 2.º do Decreto Lexislativo 1/2008 polo que se aproba o texto refundido da Lei de Función Pública de Galicia», que regula o gozar destes días hábiles adicionais de vacacións que se lle negaban a este funcionario que recorreu. Por iso, a sentenza de Ferrol declara non conforme a dereito a negativa da Xunta.
 
Dende a asesoría xurídica da CIG, sindicato que presentou o recurso sinálase que a sentenza non é firme xa que contra a mesma cabe recurso de apelación diante do mesmo xulgado.
 
A noticia na Voz de Galicia

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript