Xaneiro de 2014
 
 

27/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  DEREITOS SOCIAIS
 

Lei de Dependencia. Unha lei moi limitada que non se cumpre

Os recortes que sistematicamente o goberno galego ben realizando ao estado de benestar teñen como resultado, segundo se publica na prensa, que miles de galegos e galegas non poidan gozar dos dereitos e atencións que a propia lei lles outorga.

 

  • Noticias relacionadas

 

Ao peche do ano 2013, algo máis de dezaoito mil persoas en situación de dependencia na comunidade non estaban a recibir atencións con cargo á Lei de Dependencia malia contar co informe final que recoñece o seu dereito a determinados servizos ou prestacións previstos na norma. Son o 31,8% das 56.835 persoas que contaban na comunidade cun programa individual de atención (PIA) en firme, recoñecido polos equipos da Consellería de Benestar. O 68,2% restante, preto de corenta mil usuarios en Galicia, contaban ao peche do ano con axudas en activo con cargo o sistema de dependencia.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript