Xaneiro de 2014
 
 

27/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Paga extra de decembro 2012. Recursos de Casación

Como vos informamos no PASquín anterior tanto a Universidade como os sindicatos CCOO,CIG e CSIF recorreron en Casación a sentenza do Conflito Colectivo ditada polo TSXG.
Por outra banda, unha sentenza do contencioso-administrativo recoñece o dereito do funcionariado da Xunta a cobrar a paga extraordinaria de 2012.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A pesar de que o reitor indicou de xeito reiterado que o recurso presentado pola universidade tiña como finalidade involucrar á Xunta de Galicia para que se fixese cargo do reintegro da cantidade recortada,a base argumental da universidade céntrase en que a institución non descontou a paga extra de decembro , senón que se limitou a aplicar estritamente o ditaminado polo goberno central e polo goberno autonómico e que establecía, no caso do PAS laboral que cobra máis de dúas pagas estra:
 
“En aquellos casos en que no se contemple expresamente en su reglamento retributivo la percepción  de pagas extraordinarias o se perciban más de dos al año se reducirá una catorceava parte de las retribuciones totales anuales excluidos incentivos al rendimiento, Dicha reducción se prorrateará entre las nóminas pendientes de percibir en el presente ejercicio a partir de la entrada en vigor de este Real Decreto-ley."
 
Polo tanto non existe na aplicación da norma realizada, segundo a universidade, ningún efecto retroactivo que substanciar.
 
Só no último motivo do recurso (sexto) se explicita o sinalado reiteradamente polo reitor:
 
“Esta parte alegó en el acto de juicio la excepción de falta del necesario litis consorcivo pasivo, al no haber sido demandada ni traída al procedimiento la Comunidad Autónoma de Galicia, en cuanto la Universidad pública demandada carece de presupuesto propio . con el que hacer frente a un hipotético resultado estimatorio de esta demanda, siendo en tal caso la C,A. mencionada el órgano que estaría obligado a habilitar un presupuesto ,extraordinario a tal fin; situación que le generaría una evidente Indefensión en cuanto no " habría tenido oportunidad de defenderse de la reclamación que es objeto de este procedimiento.”
 
O recurso presentado polos sindicatos fundaméntase en que a sentenza non recoñece a devolución da paga extra ao persoal de proxectos e convenios, baseándose en que este persoal ten as pagas extra prorrateadas nas mensualidades.
 
Unha sentenza do contencioso-administrativo recoñece o dereito do funcionariado da Xunta a cobrar a paga extraordinaria de 2012
 
Unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de A Coruña acaba de recoñecer o dereito do funcionariado da Administración galega a cobrar a paga extraordinaria de 2012, eliminada por unha decisión da Xunta de Galiza.
 
A resolución xudicial estima que o Goberno galego aplicou a lei con carácter retroactivo, lesionando así os dereitos d@s 90.000 funcionari@s que dependen da Administración galega.
 
Con efeito, a Lei 20/2010 entrou en vigor o 15 de Xullo e non podía afectar dereitos adquiridos con anterioridade polas traballadoras e traballadores públicos. A Xunta aplicou a retroactividade ao período comprendido entre o 1 de Xuño de 2012 e o 14 de Xullo. Nese período era cando a Xunta de Galiza estaba obrigada a facer o pagamento da extra.
 
Máis información
 
As sentenzas que reiteran o mesmo criterio e que devolven, cando menos, parte do roubado sucédense. Tamén vos xuntamos outra do Contencioso Administrativo Nº 7 de Barcelona que establece que a Universitat Politécnica de Catalunya deberá abonar a parte correspondente da paga extra entre 01/06/2012 ao 14/07/2012

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript