Xaneiro de 2014
 
 

27/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Concurso de PAS funcionario: as ocorrencias do goberno da universidade

Despois das deliberacións, coa Xunta de Persoal sobre o baremo do concurso de PAS funcionario, o sr. xerente impuxo un criterio absolutamente contrario ao aprobado polos traballadores e traballadoras na consulta realizada.

 

  • Noticias relacionadas

 

Cando o sr. xerente tomou a determinación de enviar ao DOG as bases reguladoras do dito concurso, tiña coñecemento da decisión maioritaria do PAS funcionario e discutíraa c@s representantes d@s traballador@s.
 
Non pode aducir, polo tanto, que descoñecía ou que non se lle trasladara dun xeito razoado o sentir maioritario do colectivo. O sr. xerente, con todo coñecemento, impuxo o seu criterio.
 
No DOG do 16 de xaneiro publícase a convocatoria de concurso. Máis ou menos unha semana despois (o día 21) o xerente convoca á Xunta de Persoal para comunicarlle que, “na Xerencia recibíronse diferentes queixas e suxestións que lle fan cambiar de criterio”.
 
A lóxica do funcionamento desta universidade indica que no cambio de criterio está involucrado o equipo de goberno da universidade. Qué novas suxestións se lles presentaron que lles fixeron cambiar de idea?. Tiveron que ser de gran calado para mudar unha decisión tan firme. Por certo gustaríanos coñecelas.
 
Seguro que con relación ás queixas non foi importante o seu número, a representación do colectivo xa llas fixeran chegar, (en  todo caso que nos digan cantas sinaturas ou queixas fan falta para modificar a súa posición respecto do recorte en acción social).  O importante, neste caso, tivo que ser quen llas presentou. Por certo, tamén nos gustaría saber quen foi. A quen escoita realmente o xerente e o equipo de goberno?.
 
As decisións da universidade teñen que ser, sempre, meditadas, motivadas e razoadas. Un  equipo que se di de esquerdas debería ademais ter como obxectivo acadar o consenso c@s representantes d@s traballador@s. A actuación institucional non cumpre ningunha desas condicións.
 
Partimos dunha imposición (a convocatoria publicada) para tomar outra decisión que (na medida que non se dá ningunha explicación), aínda que coincida coa alternativa dalgún dos sindicatos presentes na Xunta de Persoal, non deixa de ser outra imposición. As evidencias demostran que neste proceso, como noutros anteriores, non existiu negociación, tendo toda a pinta dun “apaño” que nos fai rememorar a escura etapa de Meilán.
 
Non aceptamos unha relación laboral baseada no principio da imposición. De que o resultado da “negociación” vai ser o que previamente ven determinado polo goberno da universidade e, cando lle apeteza, cambia de criterio sen máis.
 
Este xeito de actuar deixa ao PAS ao albur das ocorrencias, proximidades e improvisación da Xerencia, e/ou do sr. reitor.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript