Xaneiro de 2014
 
 

27/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

A Xunta, sancionada por conculcar os dereitos dos Celga

A Inspección de Traballo vén de sancionar á Xunta de Galicia cunha multa de 300 mil euros por non recoñecer os dereitos laborais do profesorado de galego.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tras a denuncia dos sindicatos CUT, STEG e CIG, a Consellería de Educación verase obrigada a recoñecer de xeito formal a súa relación cos traballadores do CELGA , e a dalos de alta na Seguridade Social con efectos retroactivos.
 
En palabras do noso compañeiro Brais González, “esta resolución pon de manifesto que a primeira institución encargada de velar polos dereitos laborais, a Administración, é a primeira en negar a regularización duns docentes tratados laboralmente como "colaboradores".
 
A situación laboral do profesorado contratado do CELGA constitúe unha proba máis do carácter neoliberal e antigalego do goberno do PP de Feijoo, quen condenou aos traballadores e traballadoras encargadas de garantir o coñecemento do galego alén do ensino obrigatorio.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript